Venres, 14 Novembro de 2025

Comarcas

A AECC realizou 315 intervencións no Porriño en 2022

Voluntarias da delegación da Asociación Española Contra o Cancro no Porriño mantiveron unha reunión co alcalde, Alejandro Lorenzo, co obxectivo de trasladarlle a actividade que a asociación leva a cabo no municipio e establecer novos lazos de colaboración entre ambas entidades.

Mañá chega a Nigrán o espectáculo do Mago Teto

O Concello de Nigrán, a través de Cultura no Camiño, ofrece este martes 11 de xullo ás 22:00 horas na Praza do Concello o espectáculo ‘Rock ‘n’ Magic, o novo show do Mago Teto para todos os públicos.

A unidade móbil de doazón de sangue visita Oia o 11 de xullo

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia este martes 11 de xullo. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse.

Primeira ediçaõ dos Sons na Rua

A Eurocidade Tui Valença prepara-se para receber a primeira edição dos Sons na Rua, no fim de semana de 14 e 15 de julho.

O KiteFest Cesantes Xunta de Galicia despide a súa sexta edición en plena forma

O KiteFest Cesantes Trofeo Xunta de Galicia baixou o pano sumando unha nova edición, e van seis, reunindo na praia de Redondela a case un centenar de riders de diferentes puntos de España e Europa.

O poeta Alfonso Pexegueiro dará o pistoletazo de saída á Feira do Libro de Ponteareas

Ponteareas prepárase para acoller a VII Feira do Libro, que do 13 ao 16 de xullo encherá a vila de presentacións, sinaturas, espectáculos e actividades de animación á lectura.

Nigrán ofrece un roteiro xeolóxico esta semana

O Concello de Nigrán concentra na península de Monteferro a programación cultural e de ocio desta semana. O obxectivo é promover esta paraxe natural de infinita riqueza natural e patrimonial.

Arbo celebra os 50 anos de casados

Un ano máis, o Concello de Arbo organiza un homenaxe ás parellas que cumpren os 50 anos de casados. O evento terá lugar o 6 de agosto na Praza do Concello.

Arce ‘Perro Viejo’ actuará en Tui nas Festas de San Telmo

No marco dos eventos musicais das Festas de San Telmo, Tui tamén contará cunha programación especialmente dedicada ao público máis novo. Arce ‘Perro Viejo’, DJ Mesu e DJ Enter ofrecerán, o sábado 15 no Espazo Feiral de Tui, un concerto que mesturará os versos do rapeiro compostelán e as mesturas destes dous disc-jóckeys que amenizarán a festa até a entrada da madrugada.

O PSOE advirte “dos recortes no centro de saúde de Baiona” e urxe a Vázquez Almuíña que “esixa reforzos á Xunta”

O centro de saúde de Baiona afronta os meses de verán con recortes de persoal, “unha situación que cada ano empeora, mentres a vila duplica a súa poboación habitual en xullo e agosto”, asegura Carlos Gómez Prado, portavoz do PSOE baionés. O centro de saúde conta con sete médicos de familia e un pediatra, pero neste verán haberá sempre dous ou tres profesionais menos polas vacacións.

O BNG asegura que o PSOE “non quixo un acordo de Goberno en Tui”

O BNG de Tui, a través dun comunicado de prensa, quixo aclarar á opinión pública que "despois dun proceso de negociación co PSOE lamentablemente no se alcanzou un acordo para un goberno de coalición". Aseguran os nacionalistas terse manifestado sempre "durante a campaña electoral, a mesma noite electoral e en entrevistas posteriores, a nosa disponibilidade para conformar un goberno progresista en Tui".

A Fundación Formavigo ofrece un obradoiro de limpeza de leiras na horta comunitaria en Redondela

A Fundación Formavigo presenta unha nova oferta formativa para este verán 2023, Obradoiro de limpeza de fincas co uso de desbrozadora de disco e fío para persoas desempregadas ou en situación de dificultade. O obradoiro realizarase o mércores 12 e xoves 13 de Xullo en horario de 09:30 a 13:00 horas, na horta comunitaria situada na rúa do Muro, 22.