Xoves, 13 Novembro de 2025

Comarcas

O Porriño aproba un orzamento tinguido de acción social e estabilidade económica

O pleno do Concello do Porriño aprobou esta mañá, co voto favorable do equipo de goberno, o Orzamento Municipal para o que resta de exercicio 2023 que ascende a 19 M de euros, o que supón un incremento do 36,23 % respecto ao anterior e o posiciona como máis ambicioso da historia do municipio.

Primeira visita institucional do delegado da Xunta nas Neves

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, vén de realizar a súa primeira visita institucional ao Concello das Neves no arranque dos contactos que está a establecer cos representantes dos 47 municipios da área territorial.

A Guarda continúa coa programación de actividades do mes de xullo

O Concello da Guarda continúa coa Axenda de actividades programadas para o mes de xullo, entre as que destacan as festas, concertos, festivais, eventos de gastronomía, exposicións, visitas guiadas e moito máis para gozar da Guarda este verán.

Comeza o campamento de Arbo

Un total de 66 nenos de todo o municipio, e incluso de concellos limítrofes ou que están nesta época en vacacións, tiñan cita o luns día 3 de xullo no C.E.I.P Antonio Carpintero donde daba comezo o Campamento de Verán 2022, que se desenvolvera entre o 3 de xullo ata o 31 de agosto.

Nova edición na Cañiza do programa “Verán de Lecer”

A Cañiza pon en marcha o "Verán de Lecer" preparado para este verán, cunha variada e completa programación pensada para todos os públicos e gustos dos veciños e visitantes.

Recoñecemento en Baiona ao mérito deportivo do futbolista Antón Iglesias Leyenda “Kopa”

O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu un acto de recoñecemento á traxectoria do deportista baionés Antón Iglesias Leyenda "Kopa”.

Tomiño comeza a súa particular ‘Operación Triunfiño’

O Concello de Tomiño está a desfrutar da súa particular ‘Operación Triunfiño’. Rapaces e rapazas tomiñesas mergúllanse esta semana nunha experiencia de formación musical única cun completo programa no que aprender técnica vocal, desenvolver a súa actitude escénica e ampliar o seu repertorio, fomentando o talento local e, por que non, brindando unha oportunidade a novas promesas.

Mos recibe o premio da Xunta e Ecoembes polo programa de reciclaxe “Únete ao reto”

A concelleira de Atención Veciñal, Medio Ambiente, Mantemento de Zonas Urbanas, Parques e Xardíns, Laura Méndez, recibiu en nome do Concello de Mos o premio da Xunta de Galicia e Ecoembes obtido tras participar na cuarta edición da iniciativa Únete ao reto.

Iniciadas as obras da Fase I de mellora da seguridade viaria e peonil da EP-2601 Mos-Puxeiros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal e técnicos da Deputación de Pontevedra, visitaron e supervisaron esta mañá os recentemente iniciados traballos correspondentes ao proxecto de humanización da Estrada Provincial Mos-Puxeiros.

Ponteareas contrata o servizo de baleirado de pozos negros e fosas sépticas de augas residuais domésticas

O Concello de Ponteareas reforza os servizos nas parroquias coa contratación do baleirado de pozos negros e fosas sépticas de augas residuais domésticas procedentes de vivendas unifamiliares, centros socio-culturais ou casas de turismo rural situados en parroquias ou lugares sen saneamento.

O Camiño da Sueira, un novo modelo para os espazos de interese paisaxístico e patrimonial

O Rosal estrea o seu novo modelo urbanístico para espazos de interese paisaxístico e patrimonial. O Concello vén de rematar as obras de reconfiguración do Camiño da Sueira, entre a estrada de Couselo e o Camiño da Menora.

Festividade da Virxe do Carmen este domingo día 16 de xullo en Baiona

Con motivo da festividade da Virxe do Carme, Patroa dos mariñeiros, a Igrexa de Santa María de Baiona, se celebrará ás 20:00 horas, la Misa Solemne cantada polo Coro de Hopmes “Voces Baionesas”.