A concelleira de Servicios Sociais e Sanidade do Concello de Mondariz, Mª José Álvarez Rodríguez, ven de rexistrar unha queixa formal na Xerencia de Atención Primaria de Vigo, polo traslado temporal dun médico do centro de Saúde de Mondariz a Salvaterra. A esta situación engádese o feito que ata o 14 de agosto, non disporá o Centro de Saúde de servizo de Pediatría.
Un total de 1.200 mozos e mozas da diocese de Xetafe están até o próximo luns en Tui preparando a súa participación na Xornada Mundial da Xuventude a próxima semana en Lisboa. Os dous pavillóns municipais, xunto ao pavillón do CEIP nº 2 e do IES San Paio e as instalacións do Colexio Maristas Santa María serven de aloxamento e centros de actividades.
O BNG de Ponteareas vén de facer pública a súa preocupación ante a posibilidade de que o goberno do PP e Nava Castro perda máis de medio millón de euros de fondos europeos “pola súa teima de desfacer todo o traballo realizado polo anterior goberno que lideraba o BNG”.
O Campo Municipal de Fútbol “A Gándara” de Guillarei conta con novo sistema de iluminación. O Concello de Tui vén de investir 4.500 € de fondos propios para a renovación das torretas de iluminación e o cambio a tecnoloxía led das luminarias.
O Concello do Porriño está a executar as obras de reacondicionamento e mellora do Parque Piñeiro, en Torneiros, unha área de xogo que constitúe o principal punto de encontro para os nenos da parroquia e da que gozan preto de 800 pequenos que residen na súa contorna, ademais do alumnado dos centros educativos próximos que o utilizan como espazo de aprendizaxe ao aire libre.
O programa provincial “Depo Auga”, co que a Deputación de Pontevedra oferta actividades de pádel surf e caiac en contornas de ríos e rías da provincia, péchase esta fin de semana no concello de Redondela, con percorridos pola Ría de Vigo e a Illa de San Simón os días 29 e 30 de xullo.
A Guarda remata o mes de xullo con novas iniciativas para todas as idades, dende ORPAGU organízase a XVIII Festa do Peixe Espada, un evento gastronómico que será inaugurado este venres día 28 de xullo, ás 19:00 h, no Salón de Plenos do Concello da Guarda.
A Banda da Agrupación Musical do Rosal pechou cun gran éxito de público as festas do verán do Pilar no Concello do Rosal, que contaron cunha decena de actividades para todos os públicos.
O vindeiro venres, 28 de xullo, ás 18:30 horas, o Parque da Perillana acolle o contacontos “Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego”, dirixido ao público familiar e a cargo de Polo Correo do Vento.
O Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia, acudiu hoxe ao Mercado Municipal de Tomiño para entregar a renovación do selo de ‘Mercado Excelente’, que avala por catro anos máis a calidade desta praza de abastos, en canto á súa innovación e modernización, sen perder o compromiso coa tradición e a profesionalidade dos e das praceiras.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.