Xoves, 13 Novembro de 2025

Comarcas

A XIII Festa do Cabrito ao Espeto do Porriño agota existencias

Centos de persoas achegáronse onte a Chenlo para degustar a súa ración de cabrito. A décimo terceira edición da Festa do Cabrito ao Espeto agotou existencias e deu mostra, un ano máis, de que se trata dun evento consolidado que cada primeiro de agosto é quen de congregar a persoas chegadas de toda a provincia.

O Castelo de Sobroso acolle o martes o concerto de Fisión Atlántica Ensemble

O Castelo de Sobroso acollerá este martes 8 de agosto un novo concerto no marco do ciclo “Música no Ar” da Deputación, que correrá a cargo da agrupación Fisión Atlántica Ensemble, formada por recoñecidos músicos das orquestras de Galicia.

Hoxe continúa o ciclo de conferencias “O Falar das Pedras”

Continúa o IV Ciclo de Conferencias "O Falar das Pedras” que se impartirán todos os luns lectivos de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 horas. Hoxe luns, 7 de agosto, ás 20:30 h, é o turno da ponencia de Ricardo Viéitez Pérez "Nosotros teníamos los relojes pero ellos tenían el tiempo".

A Illa de San Simón acolle as residencias literarias da Xunta de Galicia

Un total de 12 creadores poderán participar nas residencias literarias na Illa de San Simón que vén de convocar a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, unha das novas accións contempladas no Plan de impulso ao libro galego, aprobado recentemente no Consello da Xunta.

O goberno local de Ponteareas acelera o proceso de rehabilitación da nave de Aceros del Tea

O pleno do Concello de Ponteareas aprobou cos votos do goberno local e de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, o proxecto de execución da rehabilitación da nave de Aceros del Tea.

A gaiteira galega Susana Seivane estará o 14 de agosto no Chandefolk

O Concello de Nigrán consagra este ano o festival Chandefolk a Susana Seivane, ilustre gaiteira galega e auténtica lenda viva deste instrumento.

Salceda busca financiación para o segundo pavillón de deportes

O Concello de Salceda de Caselas ultima xa o expediente para concorrer á convocatoria de subvencións do Consello Superior de Deportes co proxecto do segundo pavillón na zona de Altamira, logo de que a solicitude feita ante a Deputación de Pontevedra fose denegada.

Visitas guiadas á exposición da Casa Forestal e aos curros de A Valga e Mougás en agosto

A comunidade de montes de Santa María de Oia, a través do seu proxecto da Casa Forestal, continúa co seu ciclo de actividades sobre os curros, co obxectivo de contribuír a divulgar esta tradición tan arraigada na Serra da Groba. Dentro desta programación ofreceranse visitas guiadas neste mes de agosto.

O Concello de Tui humanizará o entorno do mercado municipal

O Concello de Tui vai investir case un millóns de euros na humanización do entorno do Mercado Municipal. Para esta obra o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, vén de conceder de 724.535,03 € dos 905.668,79 € a que ascende o proxecto a executar.

Concerto de Roberto Comesaña e Leni Pérez no esteiro da Foz

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece este luns 7 de Agosto ás 21:00 horas no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz o concerto de Roberto Comesaña e Leni Pérez ‘De Ramo en Ramo’, título do seu primeiro disco conxunto.

Este domingo, curro das moscas en Torroña

Este domingo día 6 de agosto celebrarase o tradicional curro das moscas de Torroña, que este ano prevé reunir arredor de 600 bestas e cerca de 200 poldros.

Visita da concelleira de Deportes de Baiona aos distintos campus que se ofrecen na vila

A concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou distintas visitas aos campus que se están a celebrar durante esta semana nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes.