Mércores, 12 Novembro de 2025

Comarcas

A Xunta promociona o programa de voluntariado interxeracional do Concello de Mos

A Xunta de Galicia impulsa, coa producción dun vídeo promocional que se está a gravar estes días, o programa de voluntariado interxeracional do Concello de Mos, centrado na atención ás persoas maiores do municipio.

O mercado do Rosal acolle a obra da artista Nadia Otero

A artista plástica, Nadia Otero, abre a exposición ‘Do Lérez ao Tambre’ este venres, 11 de agosto, no Gastrobar Daordaria, no Mercado do Rosal.

Actividades e música encherán Redondela no seu XXIV Entroido de Verán

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Turismo, celebra o sábado 19 de agosto o XXIV Entroido de Verán. As actividades no recinto do Campo da Feira comezarán ás 20.00 horas coa sesión DJ a cargo de Carlos González e Borja Rúa.

Este venres proxéctase “Encanto” no Paseo Fluvial

Este venres, 11 de agosto, temos unha nova cita co cinema ao aire libre coa proxección da película de animación “Encanto”. A proxección será as 22.15 h no Paseo Fluvial de Tui dentro da programación “Tui, verán na rúa”.

A Xunta licita a redacción do proxecto a VAC Tui-A Guarda no enlace entre Areas e a PO-350

A Xunta vén de licitar a redacción do proxecto da VAC Tui-A Guarda, no treito entre o enlace de Areas e a estrada PO-350.

Belesar celebra a Festividade de San Lorenzo

A parroquia baionesa de Belesar prepárase para acoller, hoxe mércores, o propio día de San Lorenzo o xoves (día 10 de agosto) e o venres, as festas de celebración en honra ao seu patrón.

Campo de voluntariado e campamento na illa de San Simón

A Xunta leva á illa de San Simón un campamento e un campo de voluntariado de temáticas cultural e ambiental. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá os participantes nestas actividades, que forman parte da campaña de verán posta en marcha polo Goberno galego.

O Ramo do Rosario volveu relucir en Godóns

Un ano máis o tradicional Ramo do Rosario desfilou en Godóns para perpetuar os rituais populares que acompañan a historia dos veciños desta parroquia e da contorna.

Mos celebra a súa 33 edición da Festa dos Maiores

O domingo 27 de agosto celebrarase a tradicional Festa dos Maiores do Concello de Mos que nesta súa trixésimo terceira edición homenaxeará a 47 matromonios mosenses que neste 2023 celebran as súas Vodas de Ouro.

Nigrán traslada á nova delegada da Xunta en Vigo as principais demandas do municipio

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu onte en visita institucional ao Concello a Ana Ortiz, nova delegada da Xunta en Vigo. O rexedor aproveitou a ocasión para trasladarlle persoalmente todas aquelas cuestións do municipio que son de competencia autonómica.

Covelo volve vivir a experiencia galego-saharaui en Godóns

O goberno de Covelo, a través do seu alcalde Pablo Castillo, recibíu hoxe á familia galego-saharaui que participa no programa Vacacións en Paz organizado pola asociación Solidariedade Galega Co Pobo Saharaui (SOGAPS).

KmZero, Manuel Madarnás, Acevedos Delgados e Pachecho Bros actúan en ‘Sons na rúa’

A música en directo será a protagonista deste venres e do próximo luns en Tui coa celebración do programa ‘Sons da rúa’. Esta actividade estaba prevista para o mes de xullo pero tivo que ser aprazada daquela debido á previsión de choiva.