O Círculo Recreativo Cultural do Porriño (CRC) celebra o sábado 6 de xullo a súa noite grande, o evento dos Premios Círculo que este ano alcanza a XXXVII edición. Uns galardóns de referencia dende hai case 40 anos na comarca que recoñecen o labor de porriñesas e porriñeses destacados en diferentes disciplinas oupersoeiros vinculados á esta institución da comarca da Louriña.
No Rosal, as mulleres tomarán as rúas... e o rueiro. O alumnado de 4º de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier visitou o Concello cunha importante proposta baixo o brazo: que a igualdade chegue ao mapa de rúas do municipio. Tras facer o ano pasado un estudo sobre as rúas e edificios do Rosal, a rapazada detectou que sempre se usaban nomes masculinos, agás no caso de María Zambrano.
O novo desafío de ‘EurekaReto Rural’ ten nome e apelido: Antonio Palacios. O arquitecto será o gran protagonista do escape room do Porriño, escenario da sexta proba desta iniciativa posta en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, un produto turístico diferente e orixinal co que achegar ao público ao territorio a través de xogos de escapismo temáticos ao aire libre, de forma dixital, de balde e para todos os públicos.
O Concello de Mondariz organiza por primeira vez para os meses de xullo e agosto, un programa de actividades de aventura que se desenvolverá na Praia Fluvial do Val e a súa contorna. Este programa está dirixido a rapaces e rapazas de entre 12 a 16 anos.
A renovación do Campo de Fútbol Municipal de Chapela xa está e marcha. As obras inclúen a substitución do céspede artificial en todo o terreo de xogo, en total 6.000 metros cadrados. A nova superficie será de céspede artificial de última xeración, lastrado con area de sílice e caucho. O concelleiro de deportes, Iván Valles, explica que coa reforma consérvanse as dimensións actuais do campo de fútbol 11 e dos dous campos de fútbol 8, coa marcaxe correspondente.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o labor dos “construtores” que recibiron este sábado no Porriño os primeiros premios Antonio Palacios concedidos a persoas que destacaron pola súa aportación, no eido da cultura, o deporte, o social ou a empresa; a construír unha provincia máis forte e, en consecuencia, a honrar o legado do arquitecto Antonio Palacios, un dos máis destacados arquitectos do século XX en España e que deseñou edificios nobles como o madrileño Palacio de Cibeles ou a casa consistorial do municipio onde naceu, O Porriño.
O Pazo Pegullal foi o marco escollido para a celebración da graduación da primeira promoción de bacharelato de Salceda na tarde do venres 14, un acto sen dúbida inesquecible para os 49 rapaces e rapazas que celebraron o remate dos seus estudos de bacharelato no IES Pedras Rubias. O acto tiña sen dúbida un carácter especial, por ser esta a primeira promoción en rematar os seus estudos de bacharelato en Salceda tras a súa implantación no curso 2022/2023.
Fin de curso por todo o alto do Espazo Crianza. O Rosal celebrou unha exitosa tarde de convivencia e lecer con todas as persoas participantes no Espazo Crianza, un lugar de encontro posto en marcha polo concello para acompañar a mulleres embarazadas e familias con bebés de 0 a 6 meses na crianza de nenos e nenas.
Co obxectivo de axudar na conciliación familiar e laboral e ofrecer á infancia e mocidade tempo de lecer de calidade o goberno de Covelo pon en marcha o I Campus Multideporte para nenas e nenos de 6 a 15 anos, ambas idades incluídas. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 14 de xuño.
O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, comprometidas pola Xunta de Galicia desde 2019. Trátasede dúas estradas de competencia autonómica e que contan cun elevado tránsito diario, tanto de vehículos como de peóns.
As condicións meteorolóxicas, coa choiva ameazando con irromper e un vento que facía especialmente complicado o tramo no río, fixeron que este IX Tríatlon Concello do Porriño se convertera dunha das edicións máis dura ata o momento.
O voluntariado da oficina de Redondela de New Balance achegouse novamente aos Montes do Viso para colaborar na sua mellora. Nesta ocasión realizáronse dúas xornadas de voluntariado de eliminación de acacias, unha especie moi invasora e moi presente en todo o territorio galego.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.