Mércores, 12 Novembro de 2025

Comarcas

O alcalde de Nigrán reúnese co representante de Aramark para falar dos menús escolares

A empresa Aramark será a que finalmente estree a cociña escolar municipal construída polo Concello de Nigrán no CEIP Humberto Juanes para elaborar os menús dos colexios públicos do municipio desde o vindeiro curso.

Inaugurada a exposición “Fotografía Viva” na Casa dos Alonsos da Guarda

A pasada semana, na sala de exposición da Casa dos Alonsos, inaugurouse a exposición fotográfica "Fotografía Viva", que poderase visitar ata o vindeiro 31 de agosto.

VI concentración de Clásicos de Fiolledo en Salvaterra

A primeira fin de semana de setembro, a Asociación Cultural Club de Clásicos Fiolledo Condado Paradanta organiza a sexta edición da Concentración de coches clásicos e ruta “Clásicos Fiolledo” en Salvaterra de Miño.

O equipo de goberno de Salceda volve someter os seus salarios a Pleno

O equipo de goberno de Salceda de Caselas volverá someter o vindeiro luns a súa proposta de salarios ao Pleno da Corporación.

Nigrán proxectará o martes a película ‘Padre no hay más que uno 3’

O Concello de Nigrán continúa un verán máis co 'Cine na rúa' proxectandode bale este martes 22 de Agosto (Praza do Concello, 22:00 horas) 'Padre no hay más que uno 3'.

A Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores estará na Guarda no mes de outubro

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desprazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións.

O XI Certame de Pintura Antonio Fernández anegará de arte a Eurocidade Cerveira-Tomiño este domingo

O certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández chega á súa undécima edición este domingo e faino, como cada ano, convocando a máis de medio cento de artistas para pintar en vivo as paisaxes miñotas de Goián e Cerveira.

Salvaterra avanza cara a ampliación do taboleiro da ponte internacional

O Boletín Oficial do Estado, con data do 17 de agosto de 2023, vén de publicar a resolución que permitirá á Xunta de Galicia e ao Goberno Portugués iniciar os trámites para a elaboración do proxecto de evaluación técnica e de custos da amplicación do actual taboleiro da Ponte Internacional Suso Vaamonde.

Tui procede á renumeración dos inmobles do termo municipal

O Concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal, un cambio co que se pretende pór fin aos problemas que se rexistraban até a actualidade tanto no referido á denominación coma a numeración das vivendas e fincas, e tendo en conta a importancia que para a veciñanza ten que tanto os nomes das rúas coma a numeración das vías sexa a correcta.

O Porriño instala unha pantalla xigante para ver a final do Mundial Feminino de Fútbol

O Concello do Porriño únese á celebración do pase de España á final da Copa Mundial Feminina da FIFA e instalará unha pantalla xigante no centro da vila para que todo aquel que o desexe poida seguir en directo o encontro.

Nigrán facilita autobuses lanzadeira para o concerto de Wilco no pazo de Urzáiz

O Concello de Nigrán facilitará autobuses lanzadeira para o concerto de Wilco deste domingo 20 de agosto unindo desde as 18:45 horas e ata as 21:30 horas Porto do Molle (rúa das Pontes, ao carón do edificio tecnolóxico) co Pazo de Urzaiz, a 2'5 km de distancia.

Avanzan os trámites para a rehabilitación da nave de Aceros del Tea

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou esta semana o proxecto de equidistribución do Polígono Único da área de reparto AR-10 do PXOM de Ponteareas, é dicir, dos terreos que corresponden á nave de Aceros del Tea.