Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

O Porriño renova a praza de abastos

O Concello do Porriño iniciou os trámites para licitar a contratación da primeira fase das obras de mellora que se levarán a cabo na Praza de Abastos, cun orzamento máximo de licitación de 106.000 euros.

Éxito da homenaxe a “Diego Carmona, Vasco Gómez Gallego, Vasco Gallego e Vasquito” en Baiona

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura á fronte de Policarpo Vilar Misa, levo a cabo durante esta fin de semana do acto homenaxe a “Diego Carmona, Vasco Gómez Gallego, Vasco Gallego e Vasquito (fillo de Vasco Gallego)”.

Volve DesfilaMos e Concurso de Novos Deseñadores das Palilleiras de Mos

A Asociación de Palilleiras de Mos organiza unha nova edición do seu Concurso de Novos Deseñadores e o DesfilaMos 2023 que terá lugar o vindeiro sábado 16 de setembro ás 20.30 horas nos xardíns do Pazo de Mos.

Tomiño mellorou as súas escolas con motivo do inicio escolar

O alumnado de Tomiño regresou ás aulas esta semana con instalacións renovadas. O Concello investiu máis de 100.000 euros na mellora, reforma e mantemento dos centros educativos de Infantil e Primaria do municipio.

A Federación Galega de Motonáutica imparte no Rosal un curso para obter a licencia de navegación

A Real Federación Galega de Motonáutica en colaboración co Concello do Rosal e co Club Náutico Inclusivo Baixo Miño impartirá un curso para obter a licencia de navegación.

Sorteo de produtos de Arbo para potencias as visitas ao museo

O Concello de Arbo convoca o sorteo “Visita o Museo e Gaña”, co obxectivo de premiar aos visitantes ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, así como dar a coñecer este recurso turístico de Arbo que no ano 2023 cumpriu 20 anos dende a súa inauguración e a o mesmo tempo promocionar os viños das adegas de Arbo, a gastronomía e a “LXIV Festa da Lamprea” que terá lugar o 26, 27 e 28 de abril de 2024.

A Xunta favorece o ocio educativo para persoas con discapacidade en Nigrán

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou os participantes da última quenda de campamentos de verán da Xunta na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán.

Mos dá un paso máis no seu camiño cara a transformación fomentando o comercio local

O evento ‘Queda en Mos’ dará un impulso ao comercio abrindo unha nova etapa para a economía local. O Concello de Mos dinamiza este encontro multisectorial entre os comerciantes e profesionais locais para estimular o asociacionismo e a visibilización.

Tui mellora todos os centros educativos públicos da vila

Aproveitando o descanso lectivo do verán, o Concello de Tui ten acometido nas últimas semanas obras de reparación, mantemento ou mellora e todos os centros escolares públicos do municipio, obras que van dende o pintado de aulas ou paredes exteriores ata a posta en marcha dun novo comedor escolar como foi o caso do CEIP de Guillarei.

Nigrán abre o prazo de inscrición para actividades socio-deportivas e culturais

As inscricións serán os días 12 e 13 de setembro para o alumnado inscrito no curso 2022-2023 nunha actividade estando empadroado no Concello de Nigrán (e que segue a estalo) e que desexe continuar na mesma actividade e no mesmo horario no curso 2023-2024.

Aberto o prazo de inscrición de Galgas Dixitais en Tomiño

O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo de inscrición para participar en Galegas Dixitais, un programa de formación gratuíto dirixido á dixitalización de mulleres.

A SD Ponteareas e a SD Juvenil Ponteareas renovan o convenio entre clubes

A presidenta da SD Ponteareas, Elena Rodríguez Freitas e o presidente da SD Juvenil Ponteareas, Pedro A. Alfaro reuníronse para firmar a renovación do convenio de filialidade entre os clubs.