Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

A Deputación inicia as obras da senda peonil na EP-3302 no Rosal

O goberno provincial de Carmela Silva ven de iniciar as obras de mellora da mobilidade peonil na Estrada Provincial 3302 no Rosal, que teñen como obxectivo central a construción dunha senda que conectará os núcleos de Valdemiñotos e San Miguel de Tabagón e nas que a institución provincial investirá un orzamento de 178.743,39 euros.

O PP de Salceda vota, unha vez máis, en contra de pagar as facturas dos provedores

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda lamenta o acontecido na Comisión Informativa celebrada onte, onde unha vez máis o Partido Popular de Salceda "seguiu na liña de votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que permitirá o pago de 783.121,60 € a diferentes provedores do Concello de Salceda", sinala o executivo local.

Concello e Xunta realizan melloras de seguridade viaria na Avenida de Castelao de Ponteareas

Concello de Ponteareas e Xunta de Galicia desenvolven, esta semana, diversas actuacións na Avenida de Castelao de cara a mellorar a súa seguridade viaria. O Concello habilitará un paso de peóns a carón do parque infantil situado nesa rúa. Segundo explica o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, “trátase dun tramo ocupado por colectores, onde se ubicaba un 'fotomatón' e onde estacionaban vehículos obrigando aos peóns a invadir a calzada”.

Nigrán construirá unha cociña para todos os colexios do municipio

O Concello de Nigrán aprobou esta mañá en Xunta de Goberno o proxecto para modernizar a cociña e o comedor do Humberto Juanes co obxectivo de que poida dar servizo a tódolos colexios públicos do municipio que o soliciten. O goberno vincula a realización da instalación, cun custe de 373.878 euros con cargo aos fondos municipais, a que a Xunta saque a concurso a contratación do servizo de xestión utilizando esta cociña como a única habilitada.

A Biblioteca de Mondariz acolle unha clase gratuíta de iniciación ao taichí

A sala multiúsos da Biblioteca Pública Municipal 'Xoán Xosé Pérez Labaca' de Mondariz acollerá, o vindeiro sábado 25 de xaneiro ás 18 horas, unha masterclass gratuíta de iniciación ao taichí. A clase correrá a cargo de Wang Tielin, actualmente veciño de Mondariz quen, durante anos, formouse en artes marciais tradicionais de China como discípulo dun monxe do recoñecido Templo Shaolin.

«Paxariños» de Trinketrinke Teatro, o sábado no Auditorio Municipal de Ponteareas

A sala multiúsos do Auditorio Municipal 'Reveriano Soutullo' de Ponteareas acolle este sábado, día 25 de xaneiro ás 12:00 horas, o contacontos teatral 'Paxariños', a cargo de Trinketrinke Teatro, dirixido a nenas e nenos de 1 a 4 anos. Para poder participar nesta actividade é necesario facer a inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas.

Veciños e veciñas esixen o seu dereito a entrar na Comunidade de Montes da Guarda

A Plataforma de Afectados e afectadas pola Comunidade de Montes da Guarda, vén de dar conta das actuacións que están a desenvolver para exercer...

O CDL de Ponteareas posiciónase como un servizo decisivo para a inserción laboral

"Máis de mil cincocentas persoas recibiron formación e información no noso Centro de Desenvolvemento Local (CDL) situado na parroquia de Ribadetea". A concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, explica que o CDL, a pesar de ser un grande descoñecido, desenvolve "unha importante labor para acadar a inserción laboral e facer fronte ao desemprego".

O equipo feminino do C.N. Ponteareas, campión galego no Campionato Galego de Inverno Máster

O Club Natación Ponteareas vén de asinar un brillante papel nos Campionatos Galegos de Inverno Máster, celebrados esta fin de semana no complexo deportivo 'Frigsa' de Lugo. O equipo feminino proclamábase Campión Galego e o equipo ponteareán remataba, na clasificación xeral, nun máis que notable segundo posto.

O multiúsos da Xunqueira acolle unha charla sobre educación afectivo-sexual ás familias

Este martes 21 de xaneiro o multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acollerá a charla interactiva sobre Educación Afectivo-Sexual que correrá a cargo da médico de familia e especialista en Educación para a Saúde, Ana Prejigueiro Santás.

Mondariz mecaniza o servizo de limpeza viaria

O Goberno de Mondariz vén de incorporar unha máquina varredora-aspiradora para ser empregada na limpeza viaria da área urbana "unha tarefa que se viña facendo manualmente e de xeito rudimentario", di o alcalde Xosé Emilio Barros. O executivo local trata de "optimizar os escasos recursos humanos dispoñibles coa mecanización destas tarefas"

Antonio Lomba: “Concepción Arenal funciona como nós a concibimos, un lugar para estar e convivir”

Ten a costume Antonio Lomba, pouco dada as veces na denominada clase política, de falar claro e chamarlles as cousas polo seu nome. Comedido nas súas formas, ás veces non o é tanto no fondo o que lle ten levado a discrepar con propios e estraños porque como ten repetido en máis dunha ocasión, defender os intereses das veciñas e veciños, “ten que ser a primeira prioridade dun alcalde”.