Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

O Entroido do Rosal contará cun premio especial de cara a recuperar esta celebración nos barrios

Recuperar as raíces ancestrais sen renunciar ás novas tradicións. Ese é o obxectivo do Concello do Rosal, que este ano ten traballado para que...

Cinco recoñecidas investigadoras vinculadas a Nigrán poñerán en valor o papel da muller nas ciencias

A aposta de Nigrán tanto pola igualdade como pola ciencia é indubidable. Así que, dende esa perspectiva, non ía tardar moito o Concello en unir as dúas cousas e organizar unha actividade que servira para poñer en valor o papel da muller na investigación científica. Aproveitando o marco da celebración do 'Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia' (11 de febreiro), o Concello de Nigrán desenvolverá unha programación especial que, amais dun recoñecemento ao traballo das científicas, é tamén un xeito de promover no alumnado feminino a dedicación profesional a este coñecemento.

A Guarda e Povoa de Varzím inician os trámites para o irmandamento entre os dous municipios

O Concello da Guarda e a Câmara Municipal de Póvoa de Varzím comezaron a dar, este pasado mercores, os primeiros pasos do irmandamento entre ámbalas dúas localidades ou o que é o mesmo, facer oficial un sentimento de proximidade e vinculación existente dende hai anos, de xeito 'non oficial', entre as poboacións das dúas localidades.

Salceda prepárase para vivir o que é, posiblemente, o entroido máis antigo da provincia

A Casa da Cultura de Salceda foi o escenario elixido para presentar, na mañá de hoxe, o programa do Entroido 2020 do municipio, posiblemente un dos máis antigos da provincia e que dende hai máis de 130 anos mantén o enfrontamento, tan encarnizado coma incruento, entre dos barrios da mesma parroquia: A Feira e Castro Barreiro, do que existe unha primeira referencia escrita en 1888 o que fai pensar que é bastante máis antigo que esa data.

O Concello de Ponteareas elimina un vertedoiro incontrolado en Xinzo

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, procedeu nestes días á eliminación dun vertedoiro incontrolado no barrio de Confurco en Xinzo. “A cidadanía non precisa verter na vía pública porque para iso dispón dun servizo gratuíto de recollida e dun punto limpo cun amplo horario. A día de hoxe cos servizos de recollida e tratamento de lixo dos que dispón a cidadanía, non se poden consentir estas actitudes incívicas”, sinalou a responsable de Medio Ambiente.

A alcaldesa do Porriño cualifica a licitación do proxecto para suprimir o paso a nivel “o maior avance ata agora acadado”

Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, recibiu “con moita satisfacción” a nova comunicada este mediodía polo ADIF que resolveu licitar o contrato para a redacción do proxecto de supresión do paso a nivel polo centro do Porriño. A rexedora local porriñesa valorou esta licitación como “o maior avance acadado ata de agora polo Concello do Porriño nas xestións realizadas ante o Ministerio de Fomento”, declarou.

Nigrán acolle o sábado a «Gala do Surf 2019»

O Concello de Nigrán acolle, este sábado 8 de febreiro, a Gala do Surf 2019 que se celebrará no Auditorio Municipal a partir das 19:00 horas e reunirá aos mellores surfistas do pasado ano que competiron no Circuito Galego de Surf, así coma a aquelas persoas e entidades cunha especial vinculación coa Federación Galega de Surf, autoridades representantes do Concello de Nigrán, da Federación Española de Surfing e do Clube Surf de Viana (Portugal).

Redondela convértese, este sábado, na capital da Esgrima Histórica

Os máis de 60 participantes representando a 15 salas de toda España e Portugal, converterán a Redondela na capital indiscutible da esgrima antiga no marco do III Torneo de esgrima histórica Vila de Redondela que se disputará o sábado 8 de febreiro, a partir das 9 h no pavillón de Redondela, coñecido popularmente como 'A bombonera'.

Unha andaina guiada amosa a pegada xadobea no Camiño de Santiago na Guarda

O vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto 'O Camiño Aguárdate', coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

Éxito rotundo da «Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas»

A III Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas pecha as súas portas recibindo os parabéns tanto dos centros educativos expositores como do alumnado e profesorado dos centros que acudiron como visitantes. A concelleira de Educación, Cristina Fernández, trasladou o seu agradecemento "a cada unha das persoas que deixou a súa pegada nesta terceira edición que xa fai balance e comeza a traballar na innovación da vindeira edición".

O Concello do Rosal apoia á manifestación en defensa da sanidade pública

O Concello do Rosal quere trasladar o seu apoio á gran manifestación en defensa da sanidade pública que se celebrará o vindeiro domingo 9 de febreiro en Santiago de Compostela. O equipo de Goberno anima a toda a veciñanza a participar nesta actividade convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública para protestar contra o desmantelamento dos centros de saúde, contra o deterioro da atención primaria e dos PAC de Urxencias e contra a precariedade laboral do persoal sanitario.

Redondela abre a inscrición para os concursos do Entroido 2020

O Concello de Redondela vén da anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar nos distintos concursos do Entroido 2020 que contarán son sete categorías distintas: comparsa, mocidade, retranca, inclusión á diversidade, grupo, parella e individual.