Domingo, 21 Setembro de 2025

Comarcas

Os montes das Neves recuperan cor coa plantación de 1.800 árbores autóctonas máis

As Neves sigue collendo cor e pintando de verde a súa paisaxe que, dous anos e medio despois, aínda lembra os terribles incendios de outubro de 2017 que arrasaron o 95 % do concello. O sábado 14 de marzo, impulsado por ONE OAK, o Concello de As Neves, a Comunidade de Montes de Santa Olaia e Voluntariado As Neves, está programada a plantación de 1.800 árbores autóctonas, entre elas 1.000 castiñeiros, na Parroquia de Batalláns.

A Xunta informa ao Concello de Redondela da modificación de liñas no transporte interurbano dúas semanas despois da súa posta en marcha

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, reuniuse na onte co xefe territorial de Infraestruturas e Transporte, José Luis Díaz Yáñez, para coñecer polo miúdo os cambios de liñas no transporte interurbano e como estes afectarán ás veciñas e veciños de Redondela. A rexedora local expresoulle ao responsable provincial de Infraestruturas o seu malestar “pola falta de respecto institucional da Xunta co Concello de Redondela e coa súa veciñanza” ao informar ao Goberno local “case que dúas semanas despois do cambio de liñas”

Mostra de Cultivos de Tomiño, “máis profesional para as empresas e máis participativa e dinámica para o público”

A Mostra de Cultivos do Baixo Miño chega á súa décimo séptima edición renovada e con moitas novidades no peto. Organizada de forma conxunta pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño e o Concello de Tomiño, a mostra celebrarase os vindeiros 13, 14 e 15 de marzo no pavillón municipal de Goián tras un intenso esforzo por “reinventarse” e por ofrecer un amplo e atractivo programa tanto para profesionais como para público xeral.

AporM insta ao goberno local a que deixe de acumular biomasa no campo de fútbol da Lagoa

Xoán Carlos Montes Bugarín, portavoz do grupo municipal de Alternativa por Mondariz, vén de presentar un escrito no Rexistro do Concello de Mondariz solicitando a retirada da biomasa que "unha empresa contratada polo Concello" está a almacenar dentro do recinto do campo de fútbol da Lagoa.

O PSOE de Ponteareas lamenta que o PP “amose a súa cara máis antidemocrática” con motivo da folga estudantil do 6 de marzo

A folga estudantil convocada para o vindeiro 6 de marzo con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, vén de amosarse como un novo motivo de enfrontamento entre o PSOE e o PP logo de que as Novas Xeracións populares cuestionasen "o dereito á folga e a información que os sindicatos estudiantís difunden nos centros esducativos".

Éxito de inscrición no ‘II Enduro das Rosquillas’ de Ponteareas con máis de 250 deportistas na saída

O II Enduro das Rosquillas traerá a Ponteareas a máis de 250 corredores e corredoras que percorrerán o monte da Picaraña nunha proba que forma parte do campionato de Enduro BTT da copa de Galicia. A ADC Picaraña xunto con Biziebike, organizadores do evento deportivo, subliñaron o éxito de inscrición desta segunda edición da proba "que cubriu todas as prazas ofertadas".

A ‘III Festa dos Callos de Tomiño’ despachará, este domingo, máis de 3.600 racións

O Tomiño F.C. organiza o vindeiro domingo, 8 de marzo, a terceira edición da Festa dos Callos, unha festa gastronómica nacida co fin de recadar fondos para o club, e á vez ampliar a oferta de actividades da axenda da vila. O éxito das anteriores edicións fixo que a organización teña incrementado tanto os quilos de produto coma o número de racións.

O Rosal pon en marcha un ciclo de charlas para que “a reciclaxe non soe a chino”

O Concello do Rosal porá en marcha este mes o ciclo de charlas ‘Li-xo, que non che soe a chino’, unha serie de encontros por diferentes barrios do municipio para explicar á veciñanza como funciona a xestión do lixo que se produce nas casas e resolver calquera tipo de dúbida sobre a reciclaxe.

Obras na rúa Galicia da Guarda, un paso máis na accesibilidade e mobilidade peonil

O Concello da Guarda deu inicio, esta semana, ás obras dunha das 'Áreas de Actuación' comprendidas no 'Plan de mellora da Accesibilidade na vila da Guarda' que abarca o treito da rúa Galicia comprendido entre o cruce con República Dominicana e o cruce con Concepción Arenal.

Salvaterra de Miño convoca unha nova edición dos ‘Campamento de conciliación’ de Semana Santa

O Concello de Salvaterra de Miño vén de convocar, un ano máis e dentro do seu programa de conciliación, o 'Campamento de conciliación de Semana Santa' que se desenvolverá os días 6, 7, 8 e 13 de abril en horario de 9:00 h a 14:00 h. A iniciativa oferta, ademáis, un servizo de aula matinal dende as 7:30 horas.

As mulleres de Nigrán, protagonistas dunha mostra de fotografías anteriores a 1970

O Concello de Nigrán conmemora o 8-M, Día Internacional da Muller, coa inauguración este venres ás 19:00 horas no Auditorio Municipal da mostra fotográfica 'Mulleres de Nigrán -1970', unha exposición propia froito de recompilar entre a veciñanza durante case un ano centos de imaxes antigas. Nesta escolma de 150 fotos os asistentes poderán ver a mulleres de Nigrán labregas, costureiras, mestras, nais de familia, coidadoras, perruqueiras, mulleres festeiras, amigas cómplices... En definitiva, mulleres comúns e valerosas ás que a ONU adica cada 8 de marzo e ás que o consistorio consagra esta exposición.

Redondela perpetúa a memoria de Sesé Mateo a través dun premio de xornalismo

A Casa do Concello de Redondela acolleu a presentación dos actos de clausura do proxecto 'No Camiño do Vento' que se desenvolverán, este sábado 7 de outubro a partir das 12 horas no Multiúsos da Xunqueira. Joshua Mateo, fillo de Sesé Mateo e Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, daban a coñecer tanto o final deste proxecto como o nacemento do que será o 'Premio de Xornalismo Sesé Mateo' co que se recoñecerán as boas prácticas xornalísticas en materia de violencia de xénero.