Luns, 10 Novembro de 2025

Comarcas

Mos manifesta o seu apoio aos traballadores de Faurecia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse no salón de sesións do Concello co Comité de Empresa de Madera Fiber Technologies (ex Faurecia Interior Systems), a solicitude dos traballadores e co obxectivo de manifestarlles o apoio da administración local mosense na problemática laboral que comezou no 2021 e vénse agravando desde principios do presente ano 2023.

Cerveira e Tomiño presentan a súa estratexia para os vindeiros 10 anos

Coincidindo coa celebración do quinto aniversario da súa constitución este mércores 4 de outubro, a Eurocidade Cerveira-Tomiño presentou a Axenda Urbana 2030, un valor engadido para a afirmación sostible e adaptada aos desafíos do século XXI.

O Concello de Ponteareas asina o inicio de obra da nave de Aceros del Tea

O proxecto de remodelación da nave de Aceros del Tea e a súa adecuación para uso municipal está máis preto logo da sinaturada da acta de inicio da obra entre o Concello de Ponteareas e a empresa adxudicataria PRACE Servicio y Obras SL.

Charla divulgativa sobre a relación entre garranos e aves o 7 de outubro na Casa Forestal de Oia

A Casa Forestal de Santa María de Oia acollerá o sábado 7 de outubro unha charla divulgativa titulada “Relacións entre garranos e aves. Interaccións e outros beneficios ecosistémicos”, que correrá a cargo de Xilberte Manso de la Torre, vicedirector do IEM e membro fundador de SOS Groba.

A Mostra de Produtos de Covelo chega á vila como cada primeiro sábado de mes

Como cada primeiro sábado de mes, o Concello de Covelo celebra este sábado, día 7 de outubro, a súa Mostra de Produtos na praza Mestre Cerviño do centro urbano.

COGAMI asume a xestión do Servizo de Atención Temperá de Mos

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, visitou as instalacións do Sevizo Municipal de Atención Temperá en Mos, sitas na parroquia de Louredo, acompañado pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e a Traballadora Social Municipal supervisora do Servizo, Loli Rodríguez.

O Rosal afonda na modernización do seu mercado cunha sesión formativa para praceiros

O Concello do Rosal está comprometido coa modernización da praza de abastos, incorporando actuacións de innovación e de dinamización da actividade comercial co obxectivo de obter o selo de Mercado Excelente da Xunta de Galicia.

A Cañiza comeza o seu ciclo de teatro de outono

O Concello da Cañiza comeza coa súa programación de outono co "teatro familiar" e inaugura o ciclo este sábado, 7 de outubro, coa representación da obra de teatro "Maxia, Mago Teto". Terá lugar ás 20.30 h, no auditorio da Casa de Cultura, con entrada gratuíta.

Festa literaria en Tomiño cunha nova edición do seu ‘Outono de libros’

Tomiño prepárase para vivir en outubro unha gran festa literaria. O Concello pon en marcha este mes a segunda edición do programa ‘Outono de libros’, unha iniciativa a través da que durante as vindeiras semanas se programarán catro presentacións de títulos literarios da man dos seus autores, todos escritores da comarca e con obras ambientadas no territorio.

Outubro abre a programación cultural na Guarda da man de dos grandes filmes galegos “Valentina” e “O Corpo Aberto”

No mes de outubro continúa o Ciclo de cinema galego Mestre Mateo, que a instancias da Academia Galega do Audiovisual e da Deputación de Pontevedra dera comezo o pasado mes de xuño para achegar ata as vilas galegas unha mostra representativa do cinema que se está a facer en Galicia.

O alcalde de Baiona asiste á tradicional comida anual do Clube de Bolos Belesar Urgal

O domingo, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, tivo o pracer de asistir á tradicional comida anual do Clube de Bolos Belesar Urgal.

Pablo Dapena súmase á I Carreira de Empresas de Galicia

O Campión do Mundo de Triatlón Larga Distancia, Pablo Dapena, será un dos participantes da primeira edición da Carreira de Empresas de Galicia que se disputará este domingo 8 de outubro no Porriño.