Domingo, 21 Setembro de 2025

Comarcas

Nigrán propón a Residencia de Tempo Libre de Patos como espazo potencial de atención sanitaria ante o coronavirus

Residencia de Tempo Libre de Patos, vén de ser proposta polo Concello de Nigrán como un espazo potencial para a atención sanitaria ante a crise do Covid-19. Así, o Concello que preside Juan González da resposta a demanda do Ministerio de Sanidade na que solicita aos concellos lugares de posible uso no caso de que foran precisos. Cómpre lembrar que a residencia é un lugar xa dotado de medios, sen actividade ata xuño e que dispón de camas e habitacións inviduais, cociña industrial e comedor.

Ponteareas pon en marcha un servizo especial de voluntariado para axudar á veciñanza fronte á crise do Covid-19

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Mocidade e Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó, lembra que o Goberno local ten en funcionamento, dende o pasado día 17 de marzo, un servizo especial para axudar ás persoas máis vulnerables nesta crise do coronavirus que, durante o estado de alarma, non poidan saír do seu domicilio para cuestións de primeira necesidade.

A Mancomunidade do Baixo Miño adopta medidas de prevención ante o Covid-19

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ven de adoptar medidas de funcionamento con motivo do decreto do Estado de Alarma trala crise do COVID-19 mediante unha resolución da presidencia pola que se acordou, entre outras medidas, priorizar a atención telefónica e telemática nos Servizos de atención ao público e no caso de atención presencial se establecerán as quendas imprescindibles para garantir a prestación do servizo.

Policía Local de Mos e Garda Civil interveñen 11.000 luvas, 124 litros de alcohol sanitario e 510 mascarillas

A Policía Local de Mos conxuntamente coa Garda Civil veñen de realizar dúas actuacións en empresas que se adicaban ao almacenamento, venda e distribución de material sanitario relativo á presente crise do COVID-19 e non respectaban a orde do Ministerio de Sanidade de dar conta do material sanitario de que dispoñen.

Ponteareas mantén o servizo semanal de recollida de enseres pero pecha ao público o Punto Limpo

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, informa que por mor do Estado de Alarma polo COVID-19 as instalacións do Punto Limpo de Ponteareas permanecerán pechadas cara ao público pero o servizo gratuíto de recollida de enseres mantén a súa rutina de recollida semanal con normalidade.

O lavadoiro da subida da Buraca, en Chapela, último traballo do alumnado do obradoiro de emprego ‘Redondela Sostible’

Os alumnos e alumnas da especialidade de carpintería do obradoiro de emprego de garantía xuvenil 'Redondela Sostible', traballaron arreo e fixeron un último esforzo para, antes de que fora decretado o estado de alarma polo Goberno da nación, rematar a estrutura do tellado do lavadoiro situado na subida da Buraca, na parroquia de Chapela.

O PSOE de Ponteareas apoia a solicitude dos sindicatos para reducir á actividade “ao mínimo indispensable”

Unha vez coñecida a solicitude feita hoxe polos sindicatos maioritarios, CC OO, UGT, CSIF e CIG, na que solicitan que no Concello de Ponteareas "tan só se manteñan os servizos esencias", entendendo como tales os que serían calificados así nun periodo de folga xeral, o Partido Socialista entende que a solicitue feita polos axentes sociais "trátase dunha medida extraordinaria que busca cumprir coas indicacións das autoridades sanitarias".

Tui recibe a doazón de 3.500 pares de luvas para Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil e Emerxencias

O Concello de Tui, a Policía Nacional, e os Servizos de Emerxencias recibiron este mediodía unha doazón de 3.500 luvas de nitrilo realizada polo futbolista J. Peleteiro do Aston Villa e do seu colaborador, o tudense Miguel Hermida. Mercaron todo o stock de luvas tiña a empresa local Recambios Rager para doar este material aos forzos e corpos de seguridade do Estado presentes en Tui así coma ao Concello de Tui que os empregará tanto na Policía Local, Protección Civil, e outro persoal municipal.

Salvaterra de Miño impulsa actividades dinamizadoras para sobrelevar o confinamento do covid-19

O confinamento obrigado a causa da pandemia do Covid-19, non é doada de levar e precisamente por iso, para facer máis doada a situación, o Concello de Salvaterra de Miño vén de impulsar unha serie de actividades dinamizadoras que, sinala a alcaldesa Marta Valcárcel, " poidan paliar os efectos da cuarentena como poden ser o aburrimento, o estrés, a ansiedade ou a ausencia de actividade física".

Ponteareas chama á “responsabilidade” e á “solidariedade co comercio local”

A concellería de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, Eva Gil, fixo hoxe un chamamento á responsabilidade de cara a que a veciñanza siga as recomendacións de illamento e hixiene sanitaria ditadas polo Estado e, ao mesmo tempo, "de solidariedade co comercio local" deixando as compras que poidan agardar para facelas "unha vez os nosos comercios de toda a vida e de confianza volvan pode abrir as súas portas".

Redondela habilita medidas extraordinarias de protección para Policía Local, Emerxencias e Protección Civil

Dotar á Policía Local das maiores medidas de protección posibles é o obxectivo dun protocolo de actuación posto en marcha polo Equipo de Goberno do Concello de Redondela e que será de aplicación, tanto no traballo que desenvolven os axentes na rúa, como no interior das dependencias policiais. O mesmo protocolo será válido, agás as normas específicas, para o SEIS (Servizo de Emerxencias e Incendios en Redondela).

O Rosal fai un chamamento á veciñanza para axudar ás persoas máis vulnerables

Ante a situación de emerxencia xurdida a raíz da expansión do coronavirus e das medidas adoptadas polas autoridades para a súa contención, o Concello do Rosal pide a colaboración da veciñanza para axudar ás persoas que se atopan nunha situación máis vulnerable neste escenario de alerta sanitaria.