O Concello de Baiona porá en marcha, a partir do mércores 25 de marzo, un dispositivo especial de asistencia “aos colectivos máis vulnerables”, tal e como deu a coñecer o alcalde Carlos Gómez quen, no anuncio desta iniciativa, estaba acompañado por Pedro Alonso, inspector xefe da Policía Local de Baiona e Iago Álvarez, do servizo de Protección Civil do Val Miñor.
O Servizo de Atención Primaria de Ponteareas, que presta servizo a pacientes de Mondariz, As Neves, Salvaterra, Covelo e Ponteareas, vén de aplicar o protocolo de Triaxe, recibindo na porta do centro aos e ás pacientes para derivalos á zona do centro de saúde donde serán atendidos reducindo así a posibilidade de contaxios tanto entre pacientes como entre o propio persoal sanitario.
O Goberno local de Redondela anunciou hoxe a inminente posta en marcha do semáforo situado nas inmediacións do CEIP Alexándre Bóveda de Angorén, Chapela, unha vella demanda veciñal que foi das primeiras accións realizadas ante o entón Ministerio de Fomento polo novo equipo de Goberno.
O Concello de Ponteareas advertíu que a Policía Local controlará a saída de persoas con cans á vía pública logo de detectarse que algúns propietarios de mascotas as utilizan como excusa para pasear incumprindo as normas do estado de alarma. O Concello lembra que unicamente se permite circular con mascotas o tempo imprescindíbel para que realicen as súas necesidades nas proximidades do domicilio.
A proposta de construción dun novo edificio multiúsos nos terreos anteriormente ocupados polo colexio Igrexa, “debe ser máis ambiciosa para Chapela”, asegura o BNG de Redondela que lamenta que se deixara derrubar o inmoble "sen un estudo rigoroso de rehabilitación". A proposta nacionalista pretende que ese edificio "manteña un claro contido asociativo e cultural, incluíndo novas dependencias para Servizos Sociais".
O Concello do Porriño vén de habilitar unha partida orzamentaria de 20.000 euros, mediante crédito extraordinario, para que ás familias con menos recursos e as persoas con dificultades económicas poidan abastecerse de alimentos frescos e produtos de primeira necesidade. Tratase de unha acción extraordinaria motivada polo actual estado de alarma pola pandemia do coronavirus e que complementa á axuda periódica que distribue o Banco de Alimentos 'SOS Porriño'.
O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios, a instancias da Xunta de Galicia, comezou hoxe a desinfección dos exteriores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela, no marco do operativo activado a nivel galego nas residencias de maiores, persoas con discapacidade e centros de saúde de 200 concellos galegos. Mañá mesmo unha empresa contratada pola Xunta de Galicia procederá tamén a limpeza do interior.
O Concello de Redondela anunciou hoxe a posta en marcha de modificacións no pago de diferentes impostos ou tributos locais co fin de dar facilidades á cidadanía trala declaración do estado de alarma polo Goberno Central. O Equipo de Goberno adiantou que, entre as medidas adoptadas, está atrasar o cobro do imposto de vehículos de tracción mecánica, período de pagamento que tería que comezar o vindeiro 6 de abril e que queda prorrogado ata próximo aviso.
O Concello do Rosal celebrará este mércores 25 de marzo un pleno extraordinario urxente para aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para que a Administración poida pagar coa maior axilidade posible as diferentes facturas pendentes sen esperar ao fin da crise sanitaria. A sesión celebrarase a porta pechada e coa asistencia mínima de concelleiros e concelleiras.
A reunión da Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19, celebrada hoxe no Salón de Plenos do Concello da Guarda, fixo unha valoración da situación dos primeiros días da crise. Logo do informe do alcalde, Antonio Lomba, os demais membros da comisión aportaron ideas para mellorar a eficiencia das medidas tomadas, e inclusive se propuxeron a adopción de novas accións "para que o concello mellore o servizo que presta a cidadáns e empresas mentres dure esta situación de confinamento pola declaración do Estado de Alarma".
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, anunciou a posta en marcha, dende este luns, de medidas de reforzo aos equipos de hidrolimpeza e desinfección que xa viñan actuando en Redondela dende o inicio do estado de alarma. Ao servizo que funcionaba ata agora, engádese un camión de emerxencias para as rúas e prazas tanto do casco urbano coma das parroquias, e un vehículo máis pequeno que se ocupará de realizar os traballos de desinfección nas rúas secundarias.
O Concello de Ponteareas vén de informar aos veciños e veciñas que os teléfonos de atención ao cidadán quedarán cinguidos "só aos servizos esenciais". Con esta medida o Goberno que preside Xosé Represas busca recudir "ao mínimo" a presenza de traballadores e traballadoras en dependencias ou instalacións municipais.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.