Martes, 23 Setembro de 2025

Comarcas

A Concellería de Educación convoca o concurso de debuxo ‘Ponteareas dende a ventá’

A concellería de Educación do Concello de Ponteareas, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, vén de poñer en marcha o concurso de debuxo 'Ponteareas dende a ventá', iniciativa dirixida ao alumnado de primaria que “pretende recoller as sensacións dos nosos nenos e das nosas nenas sobre a pandemia do COVID-19”, explica Cristina Fernández.

Redondela xestiona a compra de 50.000 máscaras cirúrxicas homologadas para distribuír entre a cidadanía

O Concello de Redondela recibirá, ao longo desta semana, un pedido de 50.000 máscaras homologadas cuxa compra xestionouse con distintos provedores durante estas dúas últimas semanas. Unha vez que o Concello redondelán teña estes elementos de protección, serán distribuídos entre a cidadanía buscando, dese xeito, o procedemento máis apropiado segundo as normas de prevención e salubridade.

A Biblioteca Municipal de Tui celebra o Día do Libro ‘Tui Le’ coa distribución de libros no mercado municipal

A Biblioteca Pública Municipal de Tui promove unha iniciativa para achegar os libros á cidadanía co gallo da celebración mañá xoves, 23 de abril, do Día do Libro, unha data para a que estaba programada a undécima edición de 'Tui Le', unha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que organizan anualmente as bibliotecas escolares dos colexios e institutos de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tudense (unha iniciativa á que este ano tiña previsto sumarse tamén a Biblioteca Municipal de Valença).

Tomiño rexistra o dobre de solicitudes para o baleirado de fosas sépticas durante o confinamento

No Concello de Tomiño incrementouse o número de baleirados de fosas sépticas dende a declaración do estado de alarma polo Covid-19. Á falta do reconto final que se fará tras o confinamento, rexistráronse 26 baleirados durante o período dos cales 2 foron dobles. Comparativamente, no mesmo período do ano 2019, houbo 15 baleirados; practicamente a metade dos producidos este último mes.

O BNG de Redondela cualifica de “neglixente” a xestión da Xunta no CAPD de Chapela

O BNG de Redondela chamou hoxe a atención sobre o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela, dependente da Consellería de Política Social, que, segundo a formación nacionalista, converteuse dende o inicio da pandemia "nun dos centros máis afectados pola extensión da enfirmade" chegándose a un 'pico' "de setenta contaxiados e contaxiadas entre persoal e usarios e usuarias, dúas das cales acabaron finando".

O PP de Ponteareas solicita ao Concello axudas para os gastos fixos dos autónomos mentres dure o confinamiento

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas presentou un "engadido" as medidas que no seu momento solicitaron ao Concello e que foron recollidas nun borrador elaborado polo Goberno local e remitido aos grupos da oposición. Agora, o PP, que agradece que se recolleran "parte das medidas que solicitamos", fan un engadido a maiores "para mellorar o documento".

As Bibliotecas municipais de Redondela participan no vídeo de 31 bibliotecas galegas para conmemorar o Día do Libro

As persoas responsables das bibliotecas, que están pechadas por mor da pandemia da COVID-19, son as protagonistas e as caras visibles deste audiovisual, que quere mostrar que estes centros seguen a traballar e a buscar novas formas de contactar co público lector. A acción enmárcase dentro das actuacións cooperativas que está a poñer en marcha un grupo de traballo formado por 31 bibliotecas públicas municipais pertencentes á Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nigrán canaliza co profesorado a realización de fotocopias e entrega a domicilio para o alumnado sen medios técnicos

O Concello de Nigrán, ante o inicio da terceira avaliación e con elo maior demanda de tarefas ecolares, canaliza directamente co profesorado a realización de fotocopias e posterior entrega a domicilio para todos aqueles alumnos sen medios técnicos. Así, son os propios titores os que facilitan ao correo electrónico da Concellería de Educación os documentos que precise cada estudante en concreto indicando a dirección de entrega e un contacto telefónico para poder achegarllo persoalmente desde o Concello.

A listaxe de ‘pacientes de coronavirus’ indigna a Movemento Salceda

A publicación nun medio de comunicación dunha listaxe de ‘pacientes coronarivus’ de centros de saúde do sur sa provincia, entre eles o de Salceda de Caselas, amais de espertar a indignación de Movemento Salceda e persoal sanitario, lévanos tamén a facer unha fonda reflexión sobre o COVID-19 e a ética da información. Nunha situación de gravísima crise sanitaria é cando os medios de comunicación maior responsabilidade deben adoptar á hora de publicar determinadas información e, en todo caso, esas teñen que ser meridianamente claras para que non ofrezan ningún tipo de dúbida.

A Deputación anticipa ao Concello de Ponteareas preto dun millón de euros do fondo extraordinario de liquidez do ORAL

A Deputación de Pontevedra vén de autorizar ao concello de Ponteareas o anticipo de 916.962,50 euros do novo Fondo Extraordinario de Liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros, unha das medidas do goberno provincial para dotar de máis recursos aos municipios para facer fronte ás necesidades da veciñanza nesta situación de crise sanitaria xerada polo COVID-19.

O Monte Real Club de Iates anuncia o aprazamento do ‘Trofeo Repsol-Regata de Primavera’

O Monte Real Club de Iates decidiu aprazar a unha data aínda por determinar o Trofeo Repsol – Regata de Primavera que se ía a disputar entre o 1 e o 3 de maio. O aprazamento vén motivado pola situación xurdida por mor da crise sanitaria do Covid-19 e como consecuencia das restricións derivadas do Estado de Alarma, publicadas no Real Decreto 463/2020.

Tui reforza a súa aposta pola recollida selectiva no rural con 40 novos colectores

O Concello de Tui recibiu no día de onte corenta novos colectores para a recollida selectiva que se van distribuír polas parroquias. Coa adquisición deste novos contedores, que están fabricados con material reciclado refórzase a recollida e envases lixeiros nas parroquias logo de detectar un incremento importante no volume deste tipo lixo e a demanda destes colectores para o seu depósito.