Martes, 16 Setembro de 2025

Comarcas

Irlanda considera “inspirador” o modelo de recuperación do espazo público para as persoas de Tomiño

Un modelo “absolutamente inspirador”. Así cualificaron o traballo de recuperación do espazo público realizado en Tomiño a delegación do Goberno de Irlanda que estes días visitou o municipio para coñecer de primeira man os mecanismos de redución do tráfico e levar as recomendacións tomiñesas, adaptalas e aplicalas no seu país.

A Agrupación socialista de Salceda acorda “non poñer atrancos” á redistribución da organización interna do Goberno local

O grupo municipal do PSdG-PSOE de Salceda de Caselas considera aceptada a súa proposta sobre a redistribución da organización interna do Goberno local "xa que se axusta aos límites de masa salarial que dende o inicio das negociacións marcamos dunha forma clara na cantidade de 136.360 euros", explica a portavoz socialista Verónica Tourón.

A Praza do Sol do Porriño busca ser un espazo “máis amable e inclusivo”

A mellora da calidade dos espazos públicos vai estendéndose no Porriño. Con varios proxectos de humanización en execución no centro urbano, como o do parque do Campo da Feira ou as rúas Buenos Aires e Progreso, o Concello do Porriño anunciou hoxe a mellora da impermeabilización e renovación da praza pública interior da urbanización Sol.

O PSOE de Baiona denuncia que o Goberno local “xa perdeu en catro meses dúas subvencións conseguidas polos socialistas”

Carlos Gómez Prado, portavoz socialista no Concello de Baiona, lamenta “a desidia e a falta de xestión” por parte do goberno do Partido Popular de Baiona que “en só catro meses perdeu, por non executalas, dúas subvencións concedidas ao goberno socialista no anterior mandato”.

As socialistas de Tomiño denuncian a “inacción” do Goberno local ante a praga de moscas que invade o municipo

O grupo municipal socialista no Concello de Tomiño vén de insistir no que cualifica "falta de traballo, compromiso e acción" do Goberno local ante a nova oleada de moscas, case que unha praga, que está a sufrir a poboación tomiñesa.

Concello de Nigrán e Ovalmi promoven entre a hostalaría do municipio a oferta de menús sen glute certificados

Un municipio amigable para as persoas con celiaquía. Este é o novo reto que afronta o Concello de Nigrán e, para elo, conta coa colaboración indispensable de Ovalmi, xa que a restauración é un sector clave nesta doenza que obriga aos enfermos a comer sen glute. Por este motivo, e como primeiro paso, xuntos convocan aos hostaleiros da localidade este martes 10 de Outubro ás 17:30 no Auditorio Municipal para una sesión informativa impartida pola Asociación de Celiacos de Galicia ‘ACEGA’ co fin de explicar os procedementos para elaborar os menús

A Deputación pecha o proxecto “Mulleres Extramuros” nas Neves

O núcleo de Vide, nas Neves, encheuse de arte contemporánea da man da Deputación de Pontevedra e o proxecto “Mulleres Extramuros”. Despois de meses de traballo, pechouse esta iniciativa cunha xornada de festa e de percorrido polas sete propostas creativas que xa locen en fachadas e espazos da aldea.

Xornada de dixitalización na OAPR de Aemos

O xoves 26 de outubro a Oficina Acelera Peme Rural de AEMOS celebra a Xornada Informativa Dixitalización do Sistema de Calidade, na que da man de Alicia Martínez e Mª Carmen Díaz, de SERESCO.

O Rosal celebra a súa tradicional Festa do Outono do Pilar

O Rosal continúa este mes de outubro cunha programación especial, a súa tradicional Festa do Outono do Pilar, que se celebrará os días 11 e 12 de outubro na Praza do Calvario cunha morea de actividades para todos os públicos.

Ponteareas acolle o obradoiro “Actívate na búsqueda de emprego”

O vindeiro día 2 de novembro inicia, na Asociación Adapta, o obradoiro "Actívate na búsqueda de emprego" a través do programa Conectadas da Deputación de Pontevedra.

O VII Plan de Formación do Concello de Covelo oferta novos cursos para promover a inserción laboral

A concelleira de Emprego e Formación do Concello de Covelo, Lourdes Enes, informa que ata o vindeiro día 10 de outubro estará aberto o prazo de inscrición nos novos cursos do VII Plan de Formación.

O CIM de Mos a pleno rendemento e estreando logo

Desde a súa creación en 2017 o CIM de Mos non deixou de crecer en actividades e iniciativas. O Centro de Información á Muller mosense, dotado de 3 profesionais especializadas: a directora (Educadora Social), unha Avogada e unha Psicóloga, estrea agora novo logo cun deseño adaptado aos novos tempos.