Martes, 16 Setembro de 2025

Comarcas

Comeza o programa “O Cine nas Aulas” en Tui

O cinema coma medio para abordar distintas temáticas sobre as que reflexionar, traballar e aprender é o obxectivo do programa “O Cine nas Aulas” que dende hai máis dunha década desenvolve o Concello de Tui.

O Rosal traballa na análise dos usos enerxéticos nos fogares

O Concello do Rosal continúa avanzando para promover as enerxías renovables no eido local. Ao abeiro do proxecto pioneiro para a posta en marcha dunha comunidade enerxética no municipio, o Concello ten aberta á veciñanza unha enquisa sobre o uso da enerxía nos fogares rosaleiros.

A gran festa micolóxica mosense consolídase e chega á súa décimo novena edición

Onte pola noite celebrouse no Pazo de Mos a presentación das XIX Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos que conta co apoio e colaboración da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.

A Cañiza urbanizará o parque Uceira

O Concello da Cañiza acomete novas obras de urbanización no parque Uceira, "antigo mercado do gando", para mellorar a infraestrutura viaria. A obra está adxudicada á empresa NAROM por un importe total de 27.777,80 euros, dos cales o 20 % é aportación do Concello con fondos propios, e o 80 % restante corre a cargo da Xunta de Galicia.

Puri Ameixide presenta en Tomiño a súa obra ‘Claro de lúa’

Unha boa dose de humor e de amor para unha nova sesión do Outono de Libros este venres 20 no mercado municipal de Tomiño. A escritora e profesora do IES Antón Alonso Ríos, Puri Ameixide, presenta esta semana a súa obra ‘Claro de lúa’, unha homenaxe ás grandes novelas decimonónicas ambientada a comezos do século XIX na Guarda e a súa contorna.

A biblioteca de Nigrán é finalista dos premios de arquitectura da Xunta de Galicia

A biblioteca municipal de Nigrán suma un novo galardón ao seu brillante palmarés. O edificio do Concello, firmado por Lucas Gándara e Juan Pons, foi seleccionado na cuarta edición do 'Premios de Arquitectura' da Xunta como unha das oito mellores construccións realizadas en Galicia nos anos 2020, 2021 e 2022.

Baiona e Poio colaborarán para divulgar a vinculación de Colón coas súas vilas

Os actos do Día de Colón presentarase en Baiona, concello ao que arribou a carabela La Pinta coa noticia do descubrimento de América.

RCP nas aulas de Mos con motivo do Día Mundial

O 16 de outubro celebrouse o Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), para divulgar a importancia de aplicar a técnica de reanimación cardiopulmonar para salvar vidas, en caso de ocorrer unha emerxencia.

Redondela aposta polo Xornalismo Ético na loita contra a violencia machista

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Redondela enorgullécese en anunciar a convocatoria do III Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista.

O Rosal percorre miles de anos da súa historia coas III Xornadas de Patrimonio

O Rosal volve botar unha ollada ao seu pasado coa celebración da terceira edición das súas Xornadas de Patrimonio, unha serie de actividades de balde para todos os públicos coas que o Concello busca dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio rosaleiro tanto material como inmaterial.

Escola Segunda Oportunidade en Mos para a preparación das probas da ESO

Desde a Concellería de Emprego, que dirixe a edil Julia Loureio, infórmase de que na Axencia de Colocación do Concello de Mos impartirase unha nova edición da Escola de Segunda Oportunidade para a preparación das probas libres da ESO.

Baiona organiza un acto polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Política Social, organiza en colaboración o Baíña F.S. e coa AECC (Asociación Española Contra o Cancro) un acto polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama.