Domingo, 4 Maio de 2025

Salvaterra de Miño

Miguel Mon doa ao Museo da Ciencia e do Viño unha botella da adega familiar de 1887

O Museo da Ciencia do Viño en Salvaterra de Miño acaba de recibir unha importante doazón. Trátase dunha botella do ano 1887 “Chateau Teanes – Marca Mon” que pertencía a familia Mon e que provén da Quinta de Teanes en Oleiros.

Salvaterra mellorará o campo de fútbol Dextros

O Concello de Salvaterra de Miño vén de recibir unha subvención de 5.000 euros para o financiamento dos gastos de proxectos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia no ámbito do turismo deportivo sostible.

Actuación de Sondeseu en Salvaterra de Miño

A música folk contemporánea da Orquestra Folk SonDeSeu soará entre os muros da fortaleza de Salvaterra de Miño este sábado 26 de agosto a partir das 23:00 horas.

O Concello de Salvaterra mellora os camiños municipais

Iniciada a licitación para a mellora de accesos en Coto (Oleiros) e o Couto (Salvaterra) a través do Plan Camiños 2023-2024, financiada mediante a subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural.

As parroquias de Salvaterra contarán con luminarias LED

O Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico vén de comunicar a concesión da axuda de máis de 2 millóns de euros para o cambio a led en todo o municipio de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra e a ANPA Chan da Ponte organizan un obradoiro de intelixencia emocional

O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa ANPA Chan da Ponte do IES Salvaterra de Miño, lanzan un obradoiro dirixido a mozos de idades comprendidas entre os 15 e 21 anos baixo o título “Toma de decisións e intelixencia emocional”.

VI concentración de Clásicos de Fiolledo en Salvaterra

A primeira fin de semana de setembro, a Asociación Cultural Club de Clásicos Fiolledo Condado Paradanta organiza a sexta edición da Concentración de coches clásicos e ruta “Clásicos Fiolledo” en Salvaterra de Miño.

Salvaterra avanza cara a ampliación do taboleiro da ponte internacional

O Boletín Oficial do Estado, con data do 17 de agosto de 2023, vén de publicar a resolución que permitirá á Xunta de Galicia e ao Goberno Portugués iniciar os trámites para a elaboración do proxecto de evaluación técnica e de custos da amplicación do actual taboleiro da Ponte Internacional Suso Vaamonde.

Comeza en Salvaterra o primeiro obradoiro do Programa Xuntas

Onte comezou, na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño, o primeiro dos obradoiros que se imparten dentro do Programa “Xuntas”, unha iniciativa conxunta cos concellos de Salceda e As Neves cofinaciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Salvaterra remata as obras de reparación e mellora das casas culturais

O Concello de Salvaterra de Miño vñen de rematar as obras de mellora e reparación nas Casas de Cultura de Fiolledo, Corzáns, Meder, Leirado, Soutolobre, Lourido e Alxén.

Salvaterra acolle a exposición “Protempo” sobre o cambio climático nas emerxencias

Salvaterra de Miño acolle esta semana unha exposición itinerante enmarcada no proxecto “Protección Transfronteiriza de Emerxencias dirixida á Poboación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Protempo)” que percorrerá a área transfronteiriza.

Salvaterra celebra a súa tradicional romaría na ermida de Monte Castelo

A Asociación Cultural Santa Mariña de Pesqueiras, en Salvaterra de Miño, celebra o vindeiro 15 de agosto a tradicional Romaría a Monte Castelo na honra da Nosa Señora da Asunción, pondo así en valor a contorna.