A pasada fin de semana tivo lugar a segunda cita autonómica de natación galega no transcurso de tan só dúas semanas. O Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, foi o encargado de acoller esta fin de semana o Campionato Galego Infantil de verán.
Esta pasada fin de semana tivo lugar o Campionato Galego de Bádminton sub 9/sub 19, que organizaba o Club Bádminton Ponteareas e a Federación Galega de Bádminton. A organización tamén contou coa axuda da Deputación de Pontevedra, o Servizo de Deportes da Xunta de Galicia e o propio Concello de Ponteareas.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, visitou as instalacións que ten en Cristiñade Galinsect, unha empresa ponteareá pioneira na cría de vermes a escala industrial en todas as súas fases. Unha granxa de insectos coa que se busca a cría e comercialización do Tenebrio molitos como fonte de alimentación rica en proteína, natural e de alta calidade para gandaría ou mesmo para abono ecolóxico.
A Audición de Fin de Curso da Escola de Música de Xinzo pechou este pasado sábado 26 de xuño o curso escolar 2020/2021. Fíxoo no auditorio do Centro Cultural de Xinzo coas interpretacións solistas e grupais dos alumnos, participando tanto os máis pequenos que acaban de iniciarse no mundo da música como os máis veteranos.
Arranca un verán cheo de actividades e aventuras para os nenos e nenas de Ponteareas. Arredor de 125 cativos e cativas comezaron este xoves os campamentos organizados dende a Concellaría de Ensino, dependente da alcaldesa Cristina Fernández Davila, que buscan “ofertar unha alternativa lúdica e educativa que facilite a conciliación familiar e laboral”.
Este domingo 4 de xullo dispútanse as finais do XI Open Tenis Vila do Corpus nas pistas da Freixa, en Ponteareas, tras as semifinais deste próximo sábado.
Esta fin de semana Ponteareas ten unha nova cita musical ao abeiro do programa Cultura24. Nesta ocasión o protagonista será o Grupo Folclórico do Centro Cultural de Xinzo, que actuará na casa
Ponteareas converterase, a lo menos durante uns días, na capital do libro da provincia coa celebración da Feira do Libro que foi presentada, na mañá do xoves 1 de xullo, na Casa do Concello nun acto presidido pola alcaldesa, Cristina Fernández, acompañada por Victoria Alonso, deputada de Cultura; Fernando Groba, concelleiro de Cultura; Carlos Blanco, representante da Federación de Libreiros e Editores de Galicia e o ilustrador e caricaturista Pablo Prado –que o fixo a través de videoconferencia– que será o pregoeiro desta quinta edición da Feira do Libro de Ponteareas.
O pleno da Corporación aprobou onte o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas. Trátase da aprobación provisional do PXOM, que agora debe ser refrendada pola Xunta de Galicia mediante a súa aprobación definitiva para a súa entrada en vigor.
Ponteareas volve ser esta fin de semana epicentro do bádminton a nivel galego. Este domingo 4 o pavillón municipal Álvaro Pino acolle o Campionato galego sub 9 e sub 19, que reunirá a máis de 60 deportistas de clubs de toda Galicia para disputar esta proba que se celebrará a porta pechada e con todas as medidas de prevención necesarias.
A ludoteca municipal acaba de ampliar o prazo de inscrición para participar nas actividades programadas para este verán, nas que cativos e cativas de 6 a 12 anos poderán desfrutar dun mes de xullo e agosto cheo de aventuras e diversión, sempre en grupos pequenos e cumprindo con todas as medidas de prevención dada a situación sanitaria.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.