O Concello de Ponteareas amosou a súa satisfacción ante a adxudicación por parte da Xunta de Galicia da xestión da Estación de Autobuses. Nos anteriores intentos de adxudicación feitos nos últimos dez anos a Xunta non conseguira ningunha empresa interesada en asumir a xestión, o que provocou que o Concello, sen ser a súa obriga, continuara dende 2011 atendendo ese servizo de competencia autonómica.
O Concello continúa a traballar para un desenvolvemento urbano sostible de Ponteareas. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar os proxectos da posta...
Ponteareas busca o mellor disfrace infantil deste Entroido. O Concello organiza o vindeiro domingo 27 de febreiro un concurso de disfraces para nenos e nenas de ata 12 anos, que poderán participar no certame de forma individual ou en grupo dun máximo de cinco compoñentes.
Grande éxito de acollida da cuarta edición da Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas. O encontro pechou as súas portas tras dous días de actividade e a visita de centos de mozos e familias
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por máis de 497.500 euros as obras de mellora da seguridade viaria para actuar no treito de concentración de accidentes da estrada PO-403 ao seu paso polo concello de Ponteareas.
O Concello de Ponteareas renovará o campo de fútbol de Angoares. Xa está aberto o proceso de licitación das obras para a colocación dun novo céspede artificial e un novo marcador nunhas instalacións “que se atopan actualmente deterioradas polo uso intensivo durante máis dunha década, polo que é necesaria unha renovación completa”, explica o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.
Novos pasos para que a nova depuradora de Ponteareas sexa unha realidade. O consello de administración de ACUAES (Aguas de las Cuencas de España), dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, aprobou este martes os pregos de licitación do contrato para a redacción do proxecto, execución e posta en marcha das obras de mellora e ampliación da estación depuradora da Moscadeira, unha intervención que suporá un investimento total de 14,1 millóns de euros.
Ponteareas será meta voante este xoves do Gran Camiño, a primeira volta ciclista profesional que se celebrará en Galicia dúas décadas despois da última edición profesional da Volta a Galicia.
Os empresarios de Ponteareas coñeceron de primeira man as posibilidades que ofrece o Consorcio da Zona Franca de Vigo para as súas empresas, tanto en chan, como financiamento e apoios.
As alumnas da especialidade de Socio Sanitaria do programa de formación dual “Coidar de Nós IV” que promove o Concello de Ponteareas xunto ao Concello das Neves e a Xunta de Galicia acaban de comezar as prácticas no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo.
O Concello de Ponteareas abriu o proceso de licitación para a mellora da eficiencia enerxética nas estacións depuradoras de augas residuais tipo SMA de Prado, Padróns e A Freixa.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.