Sábado, 5 Xullo de 2025

Ponteareas

Ponteareas dá visibilidade ás mulleres ‘Galegas na ciencia’

Ponteareas leva este 8M aos centros educativos a loita contra o coñecido como efecto Matilda, a inxustiza sistemática cometida contra as científicas que durante décadas viron invisibilizado o seu traballo só por ser muller.

Ponteareas ofrécese a acoller a familias refuxiadas de Ucraína

Ponteareas abre as súas portas aos ucraínos e ucraínas que escapan da guerra. O Concello ofrécese a acoller a catro familias con menores e a brindarlles todo o apoio que poidan precisar nestes momentos e pon á súa disposición dúas vivendas sociais e dous aloxamentos no Convento de Canedo grazas á colaboración dos Franciscanos.

A musealización do Castelo de Sobroso na recta final

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa de Ponteareas , Cristina Fernández, visitaron nas últimas horas o Castelo de Sobroso para supervisar as accións de musealización que entran na súa recta final cun renovado discurso museístico apoiado na dixitalización.

Ponteareas pon en marcha unha campaña de divulgación do servizo de recollida de cartón para comercios

O Concello de Ponteareas porá en marcha unha campaña de divulgación do servizo exclusivo de recollida de cartón que xa está a disposición do tecido comercial da vila.

A aula CeMIT de Ponteareas ofrecerá cinco novos cursos de balde neste mes de marzo

A aula CeMIT de Ponteareas xa ten lista a programación para o mes de marzo que acaba de comezar, no que se organizarán cinco novos cursos de balde pensados para “promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ferramentas que poden facilitar a vida cotiá a persoas de todas as idades e acabar coa fenda tecnolóxica”, como salienta o concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez.

Adapta e a Fundación Mujeres poñen en marcha en Ponteareas dous obradoiros para coidadoras de persoas discapacitadas

A Asociación Adapta, xunto coa 'Fundacion Mujeres' vai poñer en marcha durante os xoves do mes de marzo dous obradoiros dirixidos a mulleres que son ou foron coidadoras de persoas con discapacidade e/ou dependencia.

O Concello de Ponteareas solicita á Xunta dous novos vehículos para os servizos de Emerxencias e Protección Civil

Ponteareas quere dotar aos servizos de Emerxencias e Protección Civil da comarca do parque móbil necesario para poder atender as incidencias que se producen ao longo do ano. Por este motivo, o Concello solicita á Xunta dous novos vehículos que permitan ampliar e renovar a flota actual e “que dous servizos básicos para a veciñanza da nosa vila e da comarca poidan operar coa maior eficacia”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

A audición da ESMU enche de cor e alegría o auditorio de Xinzo

Este pasado sábado 26 de febreiro, a Escola de Música de Xinzo (ESMU) ofreceu a súa audición anual de entroido no auditorio do Centro Cultural de Xinzo. Unha cita que abarrotou o auditorio de música, disfraces e un público entregado.

Marzo chega á aula CeMIT de Ponteareas con cinco novos cursos de balde

A aula CeMIT de Ponteareas xa ten lista a programación para o vindeiro mes de marzo, no que se organizarán cinco novos cursos de balde pensados para “promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ferramentas que poden facilitar a vida cotiá a persoas de todas as idades e acabar coa fenda tecnolóxica”, como salienta o concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez.

O Centro de Información á Muller de Ponteareas rexistrou case 1.200 consultas durante o ano 2021

O Centro de Información á Muller de Ponteareas continúa ofrecendo o seu apoio a mulleres e persoas do colectivo LGBTQI+. Único centro especializado das comarcas do Condado e A Paradanta, o CIM pechou o ano 2021 con arredor de 1.200 consultas atendidas.

A Praza Maior, escenario do concurso de disfraces de adultos o vindeiro día 28

O Concello de Ponteareas convoca unha nova edición do concurso de disfraces de adultos, un certame dirixido a persoas a partir de 13 anos no que a orixinalidade terá premio. O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, anima a toda a veciñanza “a sumarse ao Entroido, a participar neste concurso e pasar unha divertida tarde polas rúas da vila. É momento de gozar de todas as actividades programadas para estes días”.

Ponteareas contará cun novo parque público de case 3.000 m2 na Avenida Sarmiento Rivera

O Concello de Ponteareas contará proximamente cun novo parque público que se situará na Avenida Sarmiento Rivera, nas inmediacións do actual aparcadoiro público situado fronte ao cuartel da Garda Civil. O novo espazo de lecer terá 2.775 m2 e será cedido gratuitamente ao Concello como consecuencia da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Urbana o pasado mes de decembro.