Mércores, 9 Xullo de 2025

Ponteareas

Ponteareas prepara un Corpus 2022 accesible para as persoas con discapacidade visual

Ponteareas quere achegar a arte efémera do seu Corpus Christi 2022 a todas as persoas, eliminando calquera barreira e convertendo esta Festa de Interese Turístico Internacional nun encontro o máis accesible posible.

O Concello de Ponteareas elimina novas vertedura incontroladas en distintos puntos da vila

O Concello de Ponteareas vén de retirar novas verteduras incontroladas en diferentes puntos da vila, espazos públicos ben a carón de colectores ou na propia rúa nos que se detectaron unha nova acumulación de residuos sólidos de distinta natureza, dende restos de madeira ou obras ata pequenos electrodomésticos antigos, mobiliario ou colchóns.

O deporte, gran protagonista da fin de semana no Concello de Ponteareas

O domingo foi a quenda do ciclismo, cunha nova edición do Gran Premio Mini BTT Escola Borja Gómez Méndez, que se celebrou no Parque da Bouza Vella.

As augas do río Tea acolleron, unha vez máis, o campionato galego de natación en augas abertas

O pasado sábado 4 de xuño celebrouse o campionato galego de natación en augas abertas nas augas do río Tea ao seu paso pola vila de Ponteareas.

O Concello de Ponteareas súmase ao programa de formación da ‘Aula Mentor’

O Concello continúa dando prioridade á formación como ferramenta para unha maior empregabilidade da súa veciñanza. Por este motivo, Ponteareas vén de asinar un convenio de colaboración para sumarse á ‘Aula Mentor’.

Ponteareas quere rehabilitar a residencia de maiores para mellorar utilidade e confort dos usuarios

Reorganizar espazos, mellorar a eficiencia enerxética e contribuír a un maior confort das persoas usuarias. Ese é o obxectivo do proxecto de rehabilitación da residencia de maiores de Ponteareas.

Ponteareas acolle o Campionato Galego de Bádminton sub 9 e sub 19

Ponteareas recibirá esta fin de semana case un cento de deportistas que disputarán o Campionato Galego de Bádminton nas categorías sub 9 e sub 19.

Compras en liña, redes sociais, a nube e robótica, protagonistas na aula CeMIT de Ponteareas en xuño

A aula CeMIT de Ponteareas entra no mes de xuño cunha morea de novos cursos de balde para todos os públicos, actividades diferentes relacionadas con temas actuais coas que achegar as novas tecnoloxías a persoas de todas as idades, reducindo a fenda dixital.

Ponteareas inicia a promoción dun dos seus Corpus máis especiais e agardados en Silleda e Vigo

Coa celebración do Corpus Christi ás portas, o Concello en colaboración coa Asociación de Alfombristas de Ponteareas comeza unha campaña de promoción para achegar esta Festa de Interese Turístico Internacional máis alá da vila.

O historiador Francisco Candeira rememora os crimes antigos da Galicia rural este venres 3 en Ponteareas

As difíciles relacións económicas e de propiedade que existían en Galicia crearon situacións de tensión que, nalgunhas ocasións, remataron con actos violentos que conmocionaron á comunidade.

Volve o concurso de solistas da Escola de Música de Xinzo

Este vindeiro sábado 4 de xuño terá lugar o IV Concurso de Solistas da Escola de Música de Xinzo (ESMU) no auditorio do Centro Cultural da parroquia.

Ponteareas honra a 19 alfombristas coa medalla de prata do Corpus Christi 2022

Ponteareas continúa preparando todo para un Corpus Christi que volve á normalidade. A apenas dúas semanas da celebración máis grande da vila, o Concello aprobou por unanimidade en pleno a concesión das medallas de prata do Corpus 2022.