Mércores, 9 Xullo de 2025

Ponteareas

Ponteareas conta cun vehículo de emerxencias co que poder actuar en zonas rurais e urbanas con dificultades

O Concello de Ponteareas recolleu este martes en Pontevedra un novo vehículo co que dotar ao servizo supramunicipal que atende emerxencias en toda a comarca.

Ponteareas acolle este verán un campus de fútbol e multideporte no campo da Lomba

Ponteareas acollerá do 27 de xuño ao 15 de xullo un campus de verán de fútbol e multideporte organizado pola academia de alto rendemento Adidas-Tecnifícate coa colaboración do Concello e do CDC Areas.

Ponteareas acolleu o campionato galego máster de verán de natación

A fin de semana do 11 e 12 de xuño celebrouse o campionato galego máster de verán no Complexo Deportivo Álvaro Pino, en Ponteareas.

O Concello de Ponteareas súmase á implementación do programa Kit Dixital

O Concello de Ponteareas súmase á implementación do programa Kit Dixital, unha iniciativa de axudas económicas dirixidas a pequenas empresas, micropemes ou persoas autónomas para dar un paso adiante na dixitalización das súas empresas.

A pregoeira do Corpus 2022 de Ponteareas fai un percorrido pola historia da festividade

Conta que cando a convidaron a participar na revista Pregón alá polo ano 2000 un impulso levouna a cambiar o tema que tiña en mente, os Ranchos de reis, polas “marabillosas e singulares alfombras florais do Corpus de Ponteareas.

Meninas e os materiais cos que se confeccionan as alfombras, protagonistas da nova exposición no auditorio de Ponteareas

As Meninas e os materiais empregados habitualmente na confección das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas son os grandes protagonistas da nova exposición do vestíbulo do auditorio municipal, unha mostra que reúne unha pequena representación dalgúns dos elementos esenciais da festa grande da vila.

A Asociación de Alfombristas de Ponteareas elabora unha alfombra para a procesión do Corpus de Sevilla

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas foi convidada polo Concello de Sevilla para participar na procesión do Corpus Christi 2022, onde fará unha particular ofrenda floral, elaborando unha alfombra de flores, con motivo da Celebración da Festividade da, como as que se fan en Ponteareas con motivo da festa do Corpus Christi.

O Concello repón 120 exemplares do fondo da Biblioteca Municipal para as catro casiñas de libros de Ponteareas

Co obxectivo de fomentar a lectura entre a veciñanza de todas as idades, o Concello de vén de repoñer 120 exemplares pertencentes ao fondo da Biblioteca Municipal para empregar nas catro casiñas de libros de Ponteareas.

Este ano o Corpus Christi de Ponteareas estrea alumeado

Ponteareas porá fin en poucas semanas ás obras de renovación do seu alumeado público, a través do que se substituíron as luminarias públicas nas parroquias e no centro urbano por tecnoloxía LED e telexestión, o que permitirá un maior aforro enerxético, mellorar a seguridade cidadá e axustar a iluminación ás necesidades da vila.

Ponteareas homenaxea a Xosé Represas

Concello e veciñanza de Ponteareas renderán esta fin de semana unha sentida homenaxe ao seu anterior alcalde, Xosé Represas, cando acaba de cumprirse un ano do seu pasamento.

Ponteareas recupera a normalidade cun Corpus cheo de música, actividades e recendo a flores

Ponteareas xa ole a Corpus. A vila prepárase para volver celebrar a súa festa grande con total normalidade, coas súas alfombras florais ao 100 %, moita ilusión e unha ampla programación na que música, actividades e recendo a flores serán as grandes protagonistas.

Ponteareas contratará a 12 persoas en situación de risco ou perceptoras da RISGA

O Concello de Ponteareas iniciará o proceso de selección para contratar a 12 persoas en situación de risco ou perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) para o desenvolvemento de traballos de mellora dos espazos de utilidade pública e a implementación de servizos de interese social, o que beneficiará a toda a veciñanza.