Mércores, 9 Xullo de 2025

Ponteareas

O Concello de Ponteareas, satisfeito coa continuidade do comedor do CEIP Fermín Bouza Brey

O Concello de Ponteareas amosa a súa satisfacción ante a notificación da Xunta de Galicia de que asumirá a xestión do comedor escolar do colexio público CEIP Fermín Bouza Brey, único centro público ponteareá do que o goberno autonómico non asumira o servizo.

‘Contos a pé de rúa’ para unha tarde de descubrimentos en lingua galega co programa Apego

Ponteareas acolle esta semana unha nova sesión do programa Apego, que desembarca na vila cun espectáculo co que nenos e nenas de 3 a 6 anos gozarán dunha tarde de lecer e descubrimentos en lingua galega.

O Concello reordena o tráfico na contorna da igrexa e da Casa Cultural de Areas

O Concello de Ponteareas, a petición dos colectivos sociais de Areas, vén de reordenar o tráfico rodado na contorna da igrexa parroquial e da Casa Cultural para reducir o tráfico innecesario e recuperar espazo público para as persoas.

Once mozos de Ponteareas participan no encontro autonómico de correspondentes xuvenís

Once rapaces ponteareáns participaron esta fin de semana no encontro autonómico de Correspondentes Xuvenís, un programa a través do que alumnado voluntario de segundo ciclo da ESO, bacharelato e ciclos medios ou superiores de formación profesional recollen a información en materia de mocidade para trasladala e difundila entre o resto de mozos e mozas das súas vilas.

‘Welcome to ma maison’, nova proxección en Ponteareas do ciclo Mestre Mateo

Nova proxección en Ponteareas do ciclo Mestre Mateo, unha actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola Deputación de Pontevedra que traerá á vila do Tea ata novembro totalmente de balde as películas gañadoras e finalistas nos premios do cinema galego.

Recolle as plantas aromáticas típicas de San Xoán co Concello de Ponteareas

O Concello de Ponteareas pon en marcha a actividade ‘As plantas aromáticas no ritual de San Xoán’, unha xornada na que todas as persoas interesadas “aprenderán a recoñecer as plantas empregadas nesta noite tan sinalada.

Dores Pereira e Paula Lago presentan en Ponteareas a primeira guía expresionista das herbas de San Xoán

Aínda que guías para recoñecer as herbas de San Xoán hai moitas, ningunha se parecía á que tiña Paula Lago en mente. A arquitecta e artista convenceu á súa nai para que lle axudara nun proxecto que acabou converténdose en ‘Herbas da noite.

Ponteareas quenta motores para o XII Open Tenis Vila do Corpus

As pistas da Freixa xa están listas para acoller o XII Open Tenis Vila do Corpus, un encontro organizado polo Club Tenis Ponteareas coa colaboración do Concello que se disputará do 23 de xuño ao 3 de xullo na vila.

A largometraxe “Welcome to ma maison” proxectarase en Redondela e Ponteareas

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará desde esta fin de semana, os días 18, 19, 25 e 26 de xuño, a súa cuarta sesión coa proxección nos concellos de Poio, Cambados, Ponteareas, Forcarei e Redondela da película “Welcome to ma maison”.

Concellos galegos e portugueses do Eixo Atlántico interésanse pola caldeira de biomasa de Ponteareas

Ponteareas aposta pola innovación, tamén no eido enerxético. Numerosos representantes de concellos galegos e portugueses do Eixo Atlántico estiveron este mércores na vila para manter un encontro de traballo e visitar “a caldeira de biomasa municipal".

A Deputación aproba novas achegas para A Guarda, O Rosal, Ponteareas, Soutomaior e Tui

O Goberno da Deputación dará luz verde hoxe venres a un novo investimento de 1,1 millóns de euros en achegas do Plan Concellos que beneficiarán a cinco municipios da provincia, A Guarda, Ponteareas, O Rosal, Soutomaior e Tui.

Todo un verán de aventuras na ludoteca de Ponteareas

Chega a época estival e a ludoteca municipal xa ten lista a súa programación de actividades para un verán de lecer lúdico, divertido e educativo. Os meses de xullo e agosto a ludoteca abrirá de novo as súas portas a cativos de 6 a 12 anos, que poderán gozar dun verán de aventuras por grupos de idade.