13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareas‘Contos a pé de rúa’ para unha tarde de descubrimentos en lingua...

    ‘Contos a pé de rúa’ para unha tarde de descubrimentos en lingua galega co programa Apego

    Ponteareas acolle esta semana unha nova sesión do programa Apego, que desembarca na vila cun espectáculo co que nenos e nenas de 3 a 6 anos gozarán dunha tarde de lecer e descubrimentos en lingua galega. Este xoves 30 de xuño a sala multiúsos do auditorio municipal será o escenario no que transcorrerán os ‘Contos a pé de rúa’, unha sesión de contacontos coa que o narrador Felipe Díaz, Caxoto, animará á lectura aos máis cativos e cativas.

    Neste espectáculo, un barrendeiro fai unha entrada inesperada e, ante un público expectante, decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e nos colexios municipais. Algunhas veces son contos de medo, outras historias cheas de fantasía ou contos tradicionais, sempre todo mesturado con xogos e cantigas cos que facer as delicias do público.

    O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, anima a todas as familias a participar nesta actividade do programa Apego, un proxecto colectivo “pensado para fomentar e facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos rapaces e rapazas de entre 0 e 6 anos no noso idioma”.

    A actividade, de balde, terá lugar ás 18.30 horas. Para poder asistir é necesarias reserva previa de praza a través do teléfono 986 640 000, extensión 1010, ou a través do correo electrónico lingua@ponteareas.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.