Esquerda Unida de Ponteareas ven de denunciar a situación na que se atopa o Servizo de Axuda no Fogar ao que, di a formación asemblearia, "o Concello de Ponteareas leva anos precarizando". EU asegura que, actualmente, as traballadoras "non cobran os pluses de perigosidade e penosidade que veñen recollidos no convenio laboral vixente e están obrigadas a usar o seu coche persoal sen que se lle actualice a tarifa de quilometraxe (0,19€/quilómetro), reducindo así o seu poder adquisitivo".
O Concello de Ponteareas está a traballar na reparación do Auditorio Municipal, unhas instalacións que soportaron filtracións e graves danos a causa das obras de impermeabilización executadas incorrectamente en 2010 ata obrigar ao seu peche hai dous anos para garantir a seguridade dos usuarios e usuarias. Tras moitos meses de traballo técnico, o Concello vén de sacar a licitación a primeira fase do proxecto de integración do auditorio Reveriano Soutullo na malla urbana da vila, a través da que se acometerán as obras de impermeabilización e reparación de danos para a reapertura deste equipamento municipal.
O Castelo de Sobroso acollerá o xoves 8 de setembro, ás 19.00h, unha nova sesión do programa “Música no Ar” que a Deputación ten en marcha co obxectivo de levar a música clásica a espazos patrimoniais da provincia.
A fotografía “Auga e Vida” de Diego Alonso foi nomeada polo público como a “mellor obra artística do GDR Condado Paradanta”, na terceira edición do certame artístico que organiza a entidade supramunicipal.
O Concello de Ponteareas continúa executando novas actuacións dirixidas a mellorar a mobilidade das persoas e a súa seguridade nos espazos públicos, reequilibrando a distribución do espazo entre vehículos e peóns.
Banastra, a federación do comercio, hostalaría e servizos de Ponteareas organiza este venres 2 de setembro xunto co Concello unha xornada de lecer de balde coa que prepararse para a volta ao cole a golpe de entretemento e diversión.
O Concello de Ponteareas continúa traballando man a man coa veciñanza para eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, previr e erradicar a violencia de xénero e establecer condicións que posibiliten a participación das mulleres na vida política, económica, cultural e social.
Co calendario escolar a piques de arrancar, o Concello xa ten aberto o prazo de confirmación de praza de aqueles nenos e nenas que solicitaran a aula matinal dos centros educativos públicos de Ponteareas que, como cada ano, subvenciona o Goberno municipal nos colexios de educación infantil e primaria do ámbito rural e urbano.
A colaboración da Deputación permitirá ao Concello de Ponteareas facer realidade o primeiro camiño escolar seguro na contorna do CEIP Ramiro Sabell, dando así resposta á petición formulada por toda a comunidade educativa.
O Concello de Ponteareas procedeu nos últimos días á retirada de restos dun paseo pilotado e dunha ponte en madeira tratada construídos hai máis dunha década na seda do río Tea e que presentaba un importante deterioro debido ás enchentes constantes nesta zona.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.