18.5 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Castelo de Sobroso acollerá unha nova actuación de "Música no ar"

    O Castelo de Sobroso acollerá unha nova actuación de “Música no ar”

    O Castelo de Sobroso acollerá o xoves 8 de setembro, ás 19.00h, unha nova sesión do programa “Música no Ar” que a Deputación ten en marcha co obxectivo de levar a música clásica a espazos patrimoniais da provincia como pazos, mosteiros, igrexas, bens de patrimonio industrial, conxuntos etnográficos e espazos protexidos cheos de maxia e historia. Aínda que a entrada é libre ata completar aforo, as persoas interesadas en acudir a esta cita deben inscribirse previamente no enderezo electrónico participa.cultura@depo.es.

    O encargado de conducir a velada será o Cuarteto de corda da VO430 composto por Mario Peris (violín l), Irene Cebada (violín ll), Javier Escobar (viola) e Isabel Figueroa (violonchelo) xunto con Raúl Reyes ao clarinete. Xuntos forman a sección de música de cámara da Orquesta de Vigo 430, a súa ampla formación orquestral outorgoulles a denominación Ensemble Vigo 430. Isto permítelles que creen variedade de agrupacións abordando repertorios e instrumentos de todo tipo. Nesta ocasión, Ensemble Vigo 430 adoptará a formación de cuarteto de corda para ofrecer a Op. 20 en Fa menor de Haydn e a de Quinteto con clarinete k.581 en La maior de Mozart.

    “Música no Ar”, enmarcado no amplo programa da Deputación de Pontevedra, “Con-Fiando Cultura” ten como meta promover e garantir o acceso igualitario á cultura para todos e todas, amais de por en valor espazos da memoria, da arte e da identidade .

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.