O Apalpador, ese emblemático personaxe que, segundo a tradición, baixaba das montañas a noite do 24 ou 31 de decembro para tocar o ventre das e dos máis pequenos para comprobar se comeran o suficiente durante o ano e lles deixaba agasallos e castañas, desexándolles un feliz ano novo cheo de felicidade e comida, volverá achegarse este ano para coñecer a todos os nenos de Ponteareas.
O Concello de Ponteareas mantén o seu compromiso cos centros educativos da vila. O Goberno municipal acaba de sacar a licitación o servizo de limpeza, desinfección e retirada e depósitos de residuos dos CEIP Fermín Bouza Brey, CEIP Nosa Sra dos Remedios e CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, dependentes do Concello ponteareán.
Con “Airiños do meu lugar e outros textos” o Concello de Ponteareas aumenta a súa colección que naceu para por en valor o traballo creativo de moitos veciños e veciñas da vila do Tea: “Creadores Ponteareáns”.
Hai uns días coñecíanse os resultados definitivos da 2ª división da Copa de España, a competición nacional de clubs de natación no noso país. Máis de 70 equipos femininos de todo o estado disputaban esta competición no seu novo formato, con diversas sedes autonómicas, buscando unha das 6 prazas de ascenso que daban acceso á primeira división.
O salón de plenos do Concello acolleu a presentación do Calendario Galego de Ponteareas 2023. Esta nova edición permitirá achegar á veciñanza algúns dos penedos máis coñecidos da vila, como o penedo do Equilibro ou a Pena dos Namorados, pois recolle unha escolma das propostas que participaron no concurso de fotografía ‘Pontepenedo’.
O Goberno Municipal do BNG-PSOE presentou á veciñanza e comerciantes de nove rúas da localidade os proxectos de humanización previstos para estes espazos. Trátase das rúas Concha Brey, Avenida de Galicia -na parte posterior dos Xardíns da Xiralda-, Rogelio Groba, Virxe dos Remedios, Constitución, Reveriano Soutullo, Senén Canido, Morales Hidalgo e Vidales Tomé.
O Concello xa ten listo o Calendario Galego de Ponteareas 2023, unha nova edición na que se recollerá unha escolma das propostas que participaron no concurso de fotografía ‘Pontepenedo’.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, mantiveron este mércores un produtivo encontro no que participaron tamén membros do Goberno municipal do BNG-PSOE.
O gran fondo cicloturista volve a Ponteareas despois do éxito das pasadas edición con data oficial: o 14 de maio. A marcha, organizada pola Asociación Deportiva Plan C en colaboración co Concello de Ponteareas, chegará con moitas novidades, entre as que destaca o cambio de trazado e dous novos percorridos, un corto de 67 quilómetros que contempla a subida a tres portos e un desnivel positivo de 1.000 metros e un largo de 123 km con subida a seis portos e un desnivel positivo de 2.150 m.
Ponteareas prepárase para unha nova edición da San Silvestre, unha proba non competitiva e solidaria que, como cada ano, promete encher as rúas da vila de deporte, ledicia e bo humor durante a última tarde deste 2022. O vindeiro 31 de decembro os veciños e veciñas poderán achegarse ata a Praza Maior nunha nova cita con esta proba pensada para gozar en familia e que terá a saída programada para as 17.30 horas, ás 16.30 horas no caso da carreira infantil.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.