15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA San Silvestre volverá conquistar as rúas de Ponteareas

    A San Silvestre volverá conquistar as rúas de Ponteareas

    Aberto o prazo de inscrición para participar nesta proba que, como cada ano, achegará ao seu lado máis solidario cunha recollida voluntaria de alimentos

    Ponteareas prepárase para unha nova edición da San Silvestre, unha proba non competitiva e solidaria que, como cada ano, promete encher as rúas da vila de deporte, ledicia e bo humor durante a última tarde deste 2022. O vindeiro 31 de decembro os veciños e veciñas poderán achegarse ata a Praza Maior nunha nova cita con esta proba pensada para gozar en familia e que terá a saída programada para as 17.30 horas, ás 16.30 horas no caso da carreira infantil.

    Organizada polo Club Taninos Runners en colaboración co Concello de Ponteareas, a San Silvestre celebra unha década de vida cun percorrido urbano que agarda a reunir un ano máis a preto dun millar de corredores e corredoras entre as categorías infantil (para maiores de 4 anos) e absoluta (para maiores de 14 anos). A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, participou na presentación da nova edición da San Silvestre xunto ao concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, e parte do equipo integrante do Club Taninos Runners.

    “Celebramos os 10 anos desta carreira con moitísima ilusión e con moitas ganas de compartir a última tarde do ano coa veciñanza. E iso só é posíbel coa implicación do Club Taninos Runners, que cada ano se implican ao 100% para que todas e todos poidamos desfrutar desta xornada lúdica e deportiva tan especial”, explica o edil de Deportes.

    Dende o Club Taninos Runners animan a toda a veciñanza a inscribirse nestes días para participar nesta carreira de décimo aniversario que virá con sorpresa para todas e todos os corredores: unha camiseta para os e as participantes na categoría absoluta e un agasallo para os máis pequenos e pequenas. As persoas interesadas xa poden facer a súa inscrición gratuíta a través da páxina web cronotec.es ata o vindeiro mércores 28 de decembro, xa que non se admitirán novas inscricións a partir desa data nin o mesmo día da proba.

    E, un ano máis, a carreira amosará o seu lado máis solidario. Tanto as e os participantes como o público xeral poderá participar na recollida voluntaria de produtos alimenticios non perecedoiros, tamén para persoas celíacas, e produtos de hixiene persoal que irán destinados ao Centro de Reparto de Alimentos da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ponteareas. “Entre todos e todas podemos converter unha tarde de lecer en toneladas dunha axuda que é moi importante para o centro de reparto, do que se benefician moitas familias da vila”, salienta Bouzó.  

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.