Esta fin de semana o CNPonteareas, en colaboración coa Federación Galega de Natación e o Concello de Ponteareas, organizou a primeira proba en piscina que se disputaba en Galicia tras o parón en marzo do calendario de competicións.
No marco da Semana Europea da Mobilidade, Ponteareas súmase ao Día Europeo Sen Coches cunha xornada de actividades que terá lugar mañá martes e na que se promoverá o uso de bicicletas como alternativa para os desprazamentos, así o anunciou o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera, que adianta que por vez primeira Ponteareas se suma ao evento anual “A cidade sen coche” no que en 2019 participaron 3.136 cidades europeas.
O grupo de Gaitas Avelaíña, da localidade coruñesa de Teo, proclamouse este sábado gañador do LIII Concurso de Gaitas do País celebrado en Ponteareas. A segunda posición logrouna o grupo Arghaço (Vigo) mentres que Laghareu (Santiago de Compostela) obtivo a terceira posición e Érbedo (Salvaterra de Miño) a cuarta.
A escasos días do comezo do curso escolar as nais e país do IES do Barral de Ponteareas lamentan "que a Xunta incumpra os compromisos publicitados nos medios de comunicación de baixar as ratios dos centros de ensino aumentando o número de Mestres para o presente curso". ANPA e representantes das nais e pais no Consello Escolar, instan á Consellería de Educación "a reforzar de carácter urxente o equipo de docentes do centro".
Os primeiros aparcabicicletas do centro urbano de Ponteareas foron instalados o pasado venres na nova praza recentemente creada coas obras de humanización realizadas entre o Mercado Municipal e o Auditorio Reveriano Soutullo. Trátase de seis elementos para o estacionamento de bicicletas, tres situados no entronque coa rúa A Estrada e outros tres coa rúa Morales Hidalgo.
O alcalde de Ponteareas Xosé Represas anunciou o próximo acondicionamento dun grande aparcadoiro na rúa Samiento Rivera (fronte ao cuartel da Garda Civil) e outro na rúa Redondela. Represas sinalou que o aparcadoiro de Sarmiento Rivera terá unha superficie de 6.500 m2 que o converterán no aparcadoiro máis grande dos existentes na vila e que poderá acoller máis de douscentos vehículos. Esta nova zona de estacionamento superará en máis do dobre á máis grande existente na actualidade, a da Avenida Rosalía de Castro, de 3.000 m2 e con capacidade para 130 vehículos.
A Concellaría de Vías, Obras e Alumeado, que dirixe Chus Garrote, vén de adxudicar o proxecto de 'Amplicación de potencia e reforma da instalación eléctrica do centro de transformación do Complexo Deportivo Álvaro Pino", proxecto adxudicado por 32.653,28 € e permite unha importante mellora na seguridade e protección das instalacións.
O club natación Ponteareas e o complexo deportivo Álvaro Pino retoman a súa axenda de competicións e eventos e convidan a gozar da celebración do XXI Trofeo Amizade que terá lugar esta fin de semana na piscina municipal. A empresa xestora do complexo acordou celebrar este trofeo a porta pechada para garantir a seguridade sanitaria tanto das e dos propios participantes como das usuarias e dos usuarios habituais da piscina municipal que non poderán adestrar mañá sábado ao estar só aberta para os e as participantes no trofeo.
A concellería de Mobilidade e Tráfico informa da entrada en vigor da redución da velocidade máxima de circulacion na Avenida de Castelao a 30 km/h. A medida, autorizada pola Xunta de Galicia que é titular do vial, persegue mellorar a seguridade vial e reducir a contaminación e adiántase á previsión anunciada pola Dirección Xeral de Tráfico de reducir por lei a velocidade máxima en vías urbanas a 30 km/h como máximo.
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asiste mañá á entrega de premios do LIII Concurso Rexional de Gaitas do País, que se celebra na localidade pontevedresa de Ponteareas e que está xa consolidado como un referente no panorama da música tradicional galega. Neste certame, que é o máis antigo de Galicia destas características, participan grupos de gaitas que tocan con instrumentos tradicionais galegos.
O Concello de Ponteareas contratará un préstamo de 1.925.000 euros a tan só un ano para adiantar o pago ás empresas que están executando numerosas obras subvencionadas pola Deputación e a Unión Europea. O préstamo cancelarase no intre no que eses organismos paguen ao Concello as subvencións que xa foron concedidas. A operación conta co informe favorábel da intervención municipal.
A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña de ámbito europeo destinada a sensibilizar á sociedade sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche nas cidades e vilas, tanto para a saúde pública como para o medioambiente e os beneficios do uso de modos de transporte máis sostíbeis coma o transporte público, a bicicleta ou os desprazamentos a pé. Celébrase desde 1999 do 16 ao 22 de setembro con actividades para promocionar a mobilidade sostíbel. O día 22 ademais celébrase todos os anos o evento “A cidade sen coche” no que en 2019 participaron 3.136 cidades europeas e á que este ano se suma por vez primeira Ponteareas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.