11.8 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasEntra en vigor a redución de velocidade na Avenida de Castelao a...

    Entra en vigor a redución de velocidade na Avenida de Castelao a 30 km/h

    A mobilidade peonil nesta avenida mellorouse nos últimos meses coa retirada nas beirarrúas de terrazas e de postes de media tensión e a creación de cinco pasos de peóns que deron continuidade ás beirarrúas

    A concellería de Mobilidade e Tráfico informa da entrada en vigor da redución da velocidade máxima de circulacion na Avenida de Castelao a 30 km/h. A medida, autorizada pola Xunta de Galicia que é titular do vial, persegue mellorar a seguridade vial e reducir a contaminación e adiántase á previsión anunciada pola Dirección Xeral de Tráfico de reducir por lei a velocidade máxima en vías urbanas a 30 km/h como máximo.

    Esta medida complementa a adoptada xa no mes de maio consistente en reducir a velocidade no resto das vías urbanas de titularidade municipal a 20 km/h dando as mesmas carácter residencial e, polo tanto, prioridade peonil en calquera punto da calzada.

    Esta redución de velocidade para incrementar a seguridade vial e, especialmente, das persoas que camiñan ou circulan en bicicleta, engádese a outras actuacións de mellora da mobilidade peonil e da seguridade realizadas nesta avenida nos últimos meses. Por unha banda retiráronse das beirarrúas cinco terrazas de hostalaría que se reubicaron en zonas de estacionamento, asemade procedeuse á retirada de tres postes de media tensión en desuso desde hai anos que se atopaban no medio das beirarrúas e pintáronse cinco pasos de peóns para dar continuidade aos itinerarios peonís das beirarrúas (nos cruces coas rúas San Roque, Perillana, acceso ao Santiago Apostol, Ramiro Sabell e a carón do parque infantil da Avenida de Castelao).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.