Martes, 8 Xullo de 2025

Ponteareas

A entrada ao centro urbano pola Avenida de Galicia cortarase ao tráfico durante 12 horas o xoves día 17

A Concellería de Mobilidade e Tráfico informa do corte ao tráfico da entrada ao centro urbano pola Avenida de Galicia o vindeiro xoves a partires das 8 horas da mañá e durante aproximadamente 12 horas.

O Concello lembra que o confinamento de mes e medio é o que prexudica o comercio e hostalaría e non o tráfico

O goberno local saíu ao paso das críticas do PP sobre o tráfico en Ponteareas. “É certo que hai moitas obras e iso é o que realmente parece molestar o Partido Popular”, sinalou o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, “pero falar de caos circulatorio e de atascos a diario é unha esaxeración que non se sostén”.

A Concellería de Vías e Obras inviste máis de 60.000€ na mellora de viais en Fozara e Santiago de Oliveira

A Concellería de Vías, Obras e Alumeado, que dirixe Chus Garrote, executa unhas importantes obras de mellora de camiños municipais que dan servizo á veciñanza de Outeiro de Castro, en Fozara, e de Santiago de Oliveira.

O Goberno de Ponteareas explica os factores que non permiten evitar o solapamento de obras no casco urbano

A concellaría de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, informou da reapertura ao tráfico da rúa Carballos no tramo que vai desde a Avenida de Galicia até a Estación de Autobuses. A rúa quedara cortada á circulación o pasado mércores por causa das obras de soterramento da rede de calor con biomasa.

As actividades do Revitaliza para escolares chegaron este ano a máis de 8.000 participantes a pesares da COVID-19

As actividades do Revitaliza para escolares chegaron neste ano 2020 marcado pola COVID-19 a máis de 8.000 escolares. A cifra é considerada como todo un éxito por parte da Deputación xa que, ademais, amplíase ao contabilizar os datos por cursos escolares: no 2019-2020 celebráronse 420 obradoiros para 9.628 crianzas –a pesares de que o terceiro trimestre non foi operativo–, e só no primeiro trimeste deste curso contabilizáronse 2.055 nenos e nenas en 138 actividades.

O PP de Ponteareas solicita un plan “especial e temporal” de tráfico para non prexudicar ao comercio e hostalaría no Nadal

O Grupo Municipal do PP solicita ao Concello local un Plan Especial de Tráfico para as datas do Nadal e acusa ao Goberno local de "falta de planificación". Os populares consideran que a situación actual, obras en varias rúas céntricas, a climatoloxía adversa e cambios de sentido efectuados recentemente son os motivos deste caos na Vila do Tea.

A Xunta mantén o peche perimetral en Ponteareas logo que o número de casos activos, neste venres, sitúese en 54

A concelleira de Saúde de Ponteareas e alcaldesa en funcións, Cristina Fernández Davila, analizou coa Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade da Xunta a evolución da pandemia na localidade no encontro semanal que ambas administracións manteñen.

A humanización da rúa Redondela amplíase incorporando o soterramento dos cableados telefónicos

A humanización da rúa Redondela incorporará o soterramento dos cableados telefónicos o que suporá unha mellora engadida ás xa previstas inicialmente no seu proxecto de reurbanización. Tralo acordo acadado entre o Concello e a compañía de telefonía as obras deixarán listas as canalizacións necesarias para a posterior instalación do cableado de xeito que non haia que volver obrar.

Clausura do obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós II’ en Ponteareas

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, clausurou esta mañá o obradoiro de emprego Coidar de Nós II no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas e anunciou o inicio inmediato da 3ª edición desta iniciativa laboral, tamén baixo o formato dual e cunha duración de nove meses, grazas a un investimento de 346.000€ por parte da Consellería de Emprego e Igualdade.

A Xunta autoriza as expropiacións para reforzar a seguridade viaria na PO-403 entre a saída da A-52 e o final da travesía de Angoares

O Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar as obras de mellora da seguridade viaria no treito de concentración de accidentes da estrada autonómica PO-403 ao seu paso polo concello de Ponteareas.

O Concello informa dos novos condicionantes no tráfico polas obras da rede de calor

A concellaría de Mobilidade e Tráfico informa das limitacións ao tráfico rodado que se implementarán a partires deste mércores como consecuencia da execución da rede de calor con biomasa. Por unha banda, a apertura de zanxa e instalación de tubaxe na Avenida de Galicia desde Vidales Tomé até Carballos, conlevará que esta avenida pase a ter un único sentido de circulación que será cara o centro urbano desde a N-120.

O BNG critica que PSOE e Podemos marxinen a Ponteareas nos Orzamentos do Estado

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, explicou o voto en contra da formación nacionalista ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 presentado polo Goberno español e criticou “a marxinación coa que PSOE e Podemos castigan á veciñanza de Ponteareas, ao rexeitar as emendas do BNG que pretendían lograr investimentos para satisfacer necesidades históricas e vitais como son a mellora da seguridade viaria na estrada N-120 e a construción da Variante de Ponteareas”.