Mércores, 2 Xullo de 2025

Ponteareas

Ponteareas presenta os novos orzamentos de 2024 e saneará a débeda do anterior goberno

O grupo de goberno do Concello de Ponteareas presentou esta mañá os orzamentos para o ano 2024 que chegan a algo máis 20,9M de euros, cun saldo positivo a favor, logo de descontar os gastos, que ascenden a pouco máis de 19,4M de euros, de 1,5M de euros, a contía de perdas económicas contraída polo anterior goberno en 2022.

O CN Ponteareas presenta os seus novos equipos para a tempada 2023-24

O sábado 11 de novembro levou a cabo a presentación das diferentes categorías que integrarán o equipo co que o club natación Ponteareas afrontará a tempada 2023-24.

Ponteareas solicita á CHMS a limpeza do couce do río Tea para evitar novos desbordamentos

O Concello de Ponteareas solicitará á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a limpeza do couce do río Tea ao longo de todo o seu percorrido para evitar que se repitan desbordamentos como o do pasado sábado.

Arcos celebra a VII Feira de Outono esta fin de semana

A Casa Cultural de Arcos celebra esta fin de semana a súa VII Feira de Outono, recuperando esta actividade iniciada en 2014 e interrumpida dende 2020 con motivo da pandemia.

Gales e Galicia estreitan lazos en Ponteareas

A choiva non foi capaz de escurecer a calorosa benvida que o alumnado do IES Val do Tea tiña dentro do seu corazón para recibir aos vinte alumnos do Ysgol Cwm Brombil de Port Talbot, Gales.

CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas amplía a súa biblioteca escolar

A Xunta de Galicia colabora na reforma co CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas coa reforma da súa biblioteca escolar. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou na inauguración das instalacións, onde destacou “a gran participación” deste centro “en moitas das iniciativas e programas que ofrece a Consellería de Educación”.

O CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas estreará ventás

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas, onde a Xunta levará a cabo unha importante obra de substitución das carpinterías das ventás.

A Xunta duplica o servizo de radioloxía do Centro de Saúde de Ponteareas

O delegado territorial da Xunta na provincia de Pontevedra, Agustín Reguera, acudiu hoxe ao centro de saúde de Ponteareas xunto á alcaldesa da localidade, Nava Castro, para detallar os investimentos por case 200.000 euros que acometerá o goberno galego este ano neste centro.

Xunta e Concello de Ponteareas estudarán as posibilidades de habilitar unha senda polo río Tea

A Xunta de Galicia estudará colaborar co Concello de Ponteareas para impulsar unha nova senda no río Tea. Así o acordaron a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, Nava Castro, durante unha reunión que mantiveron recentemente para avaliar diversas cuestións de interese municipal.

Ponteareas acolle o obradoiro “Actívate na búsqueda de emprego”

O vindeiro día 2 de novembro inicia, na Asociación Adapta, o obradoiro "Actívate na búsqueda de emprego" a través do programa Conectadas da Deputación de Pontevedra.

Cruz Vermella organiza unha actividade en Ponteareas con motivo do Día Internacional das Persoas de Idade

O 1 de outubro celebrouse o Día Internacional das Persoas de Idade. Para conmemorar ese día, Cruz Vermella Española en Ponteareas realizará o sábado 7 na Praza Maior, unha actividade de sensibilización en horario de 10.30 a 13.30 horas.

O Concello de Ponteareas asina o inicio de obra da nave de Aceros del Tea

O proxecto de remodelación da nave de Aceros del Tea e a súa adecuación para uso municipal está máis preto logo da sinaturada da acta de inicio da obra entre o Concello de Ponteareas e a empresa adxudicataria PRACE Servicio y Obras SL.