8.8 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasXunta e Concello de Ponteareas estudarán as posibilidades de habilitar unha senda...

    Xunta e Concello de Ponteareas estudarán as posibilidades de habilitar unha senda polo río Tea

    Ángeles Vázquez e Nava Castro analizaron o proxecto para poñer en marcha un novo itinerario fluvial que actúe na práctica a modo de infraestrutura verde para o municipio

    A Xunta de Galicia estudará colaborar co Concello de Ponteareas para impulsar unha nova senda no río Tea. Así o acordaron a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, Nava Castro, durante unha reunión que mantiveron recentemente para avaliar diversas cuestións de interese municipal.

    Cómpre lembrar que o proxecto para executar unha senda fluvial ao carón do Tea está recollido no Plan de sostibilidade turística do concello e permitiría ofrecer unha solución efectiva e alternativa ao trazado actual, que se ve interrompido no tramo en que a Nacional 120 cruza o río.

    Ao respecto, Ángeles Vázquez sinalou a importancia que ten apostar por actuacións deste tipo xa que as sendas fluviais poden actuar na práctica a modo de infraestruturas verdes, conformando unha rede interconectada de espazos e elementos naturais e urbanos na busca dun equilibrio ecolóxico.

    Así mesmo, a vicepresidenta segunda e a rexedora tamén analizaron as posibilidades de ampliar o parque público residencial do Concello de Ponteareas pola vía da rehabilitación de edificios xa construídos.

    Neste sentido, afondaron nas diferentes liñas de axuda e de financiamento que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo desde hai anos e que pon á disposición das entidades locais co fin de apoialas nas súas políticas en materia residencial. 

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.