Martes, 29 Xullo de 2025

O Condado

Culturgal réndese ao libro ‘Rogelio Lorenzo. Paleta de nove cores’, da colección Creadores Ponteareáns

Ponteareas volve amosar un anaco da súa historia, da súa arte e da súa literatura no Culturgal, a Feira de Industrias Culturais de Galicia, que esta fin de semana celebrou a súa décimo quinta edición no Pazo da Cultura de Pontevedra con grande éxito de participación.

Alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda apoian medidas para implantar na sanidade pública

Os alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda de Caselas amosan o seu total apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, coa que se busca que o Parlamento Galego debata e aprobe unha serie de medidas urxentes a implantar en atención primaria.

A familia de Fermín Bouza Brey doa ao Museo municipal mobles do ilustre historiador e escritor ponteareán

O Museo municipal de Ponteareas amplía a súa colección de obxectos pertencentes a Fermín Bouza Brey. As e os herdeiros do ilustre historiador, etnógrafo e escritor ponteareán vén de doar ao Concello de Ponteareas diversos mobles que pertenceron ao intelectual.

Ponteareas une a súa voz contra a violencia de xénero

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é unha data de reivindicación, de unión para amosar a máis firme das repulsas contra unha realidade que deixa máis de 1.160 mulleres asasinadas pola súa parella ou ex parella dende que hai rexistro no ano 2003.

Charlas e representacións teatrais para conmemorar o 25N en Mondariz

Este mes de novembro, a programación de actividades socioculturais do Concello de Mondariz está marcada un ano máis pola conmemoración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Quico Cadaval e Pablo Castaño luciranse en Ponteareas con ‘Ornitology’

A palabra e o jazz serán os grandes protagonistas esta fin de semana en Ponteareas. Quico Cadaval e Pablo Castaño súbense este sábado 26 de novembro ao escenario da sala multiúsos do auditorio municipal para facer gozar ao público con ‘Ornitology’.

A feira domininal de Mondariz acolle un pequeno mercado artesán de Nadal

Por segundo ano consecutivo, a Praza de Abastos de Mondariz acollerá un pequeno mercado artesán en vésperas de Nadal.

Salvaterra saca a concurso os postos para o mercado de abastos

O Concello de Salvaterra de Miño informa que acaba de saír publicada no Boletín Oficial da Provincia a licitación dos postos e Bancadas do Mercado Municipal de Abastos de Salvaterra de Miño.

Ponteareas continúa resolvendo problemas da rede de saneamento

O Concello de Ponteareas continúa acometendo traballos extraordinarios de renovación de canalizacións e conducións de saneamento no centro urbano que afloran periodicamente mediante afundimentos en diferentes vieiros públicos.

Máis de 200 obras de Castelao para ver a evolución deste artista referente na ilustración gráfica no século XX

A evolución da obra artística de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao chega a Ponteareas. O museo municipal acolle dende o vindeiro 25 de novembro ata o 30 de decembro a exposición ‘Castelao. Grafista’.

A escritora Isabel Blanco presenta en primicia en Ponteareas o seu novo traballo, ‘Bambú’

Ser a granada que explote nas conciencias, golpeando e removendo. Ese é o obxectivo co que Isabel Blanco deu vida ao seu último libro, ‘Bambú’, unha obra saída recentemente do forno e que a escritora presentará por primeira vez ao público esta semana en Ponteareas.

A alcaldesa de Ponteareas reúnese coa Xunta para solicitar investimentos nas instalacións educativas

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, reuniuse nos pasados días co xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César Pérez Ares, para abordar a situación na que se atopan os centros educativos de infantil e primaria da vila, unhas instalacións sobre as que ten competencia a Xunta e nas que a administración galega non realizou ningún investimento de relevancia na última década.