O Concello de Ponteareas inicia un ano máis a xeira de saídas do programa de voluntariado ambiental xuvenil, unha iniciativa que busca “ofrecer á mocidade a oportunidade de gozar, aprender e mellorar os vínculos coa súa contorna a través de diferentes actividades”, como explica o concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó.
Chega a Ponteareas a primeira obra de monicreques deseñada en España para previr o afogamento infantil e fomentar as condutas seguras en zonas de baño, tanto en piscinas como en ríos ou praias.
O alumnado do obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós V’ da especialidade de socio sanitaria que promove o Concello de Ponteareas acaban de comezar a súa práctica formativa no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo.
O Concello de Ponteareas vén de crear 15 novas prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida. Unha parte importante delas están situadas a carón das entradas ao centro peonil, de maneira que as persoas usuarias poden estacionar sen limitación horaria e desprazarse a pé ou en cadeira de rodas sen atrancos nin barreiras por numerosas rúas peonalizadas.
Arte de vangarda, mundo rural, igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público son as claves do proxecto da Deputación “Mulleres Extramuros”, cuxa segunda edición vén de arrancar nas Neves, que toma o relevo á parroquia de Cortegada en Silleda, lugar protagonista o pasado ano.
As mulleres son as protagonistas este mes de marzo en Ponteareas. Ao abeiro do 8M, Día Internacional de Muller, o Concello preparou unha programación cultural e de autocoidado coa que devolver espazos ás mulleres, visibilizar a loita pola igualdade real e efectiva e promover novos modelos de relacións simétricas.
Todo listo na parroquia de Guláns para acoller unha nova edición da súa andaina máis agardada. A Asociación Artística e Cultural de Guláns en colaboración co Clube de Montaña Xistra e coa Federación Galega e Montañismo e co apoio do Concello de Ponteareas organiza a sétima Andaina de Guláns, 'AndaGuláns', o vindeiro domingo 12 de marzo.
O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca no municipio de Salvaterra de Miño, retoma a partir desta fin de semana, a súa actividade habitual con novos horarios de atención ó público e maneiras de achegarse ós contidos museísticos.
A desigualdade entre homes e mulleres é un problema estrutural que esixe unha resposta social unánime, por iso, este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Ponteareas quere dar novos pasos.
O Concello de Ponteareas pediu explicacións á Coordinadora do Centro de Saúde de Ponteareas pola falta de ambulancia e o retraso na atención a unha persoa que sufriu un infarto nunha vivenda do centro urbano e finalmente faleceu o pasado luns 27 de febreiro a primeira hora da tarde.
O Campo da Minada, situado no centro urbano de Mondariz, disporá proximamente dun centro de ocio e deporte urbano que permitirá a rehabilitación integral para o uso público desde importante espazo municipal.
Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, acompañado polo primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e membros do Goberno municipal, xunto coa alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, visitou este mércores a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN).
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.