Sábado, 13 Setembro de 2025

O Condado

Mondariz acollerá o 26 de agosto o Campionato de Galicia de BTT Pumptrack

O circuíto asfaltado de pumptrack de Mondariz, construído en 2021 nas instalacións municipais do Campo da Minada, será a sede do Campionato de Galicia de BTT Pumptrack, que xa está incluído no calendario de competicións da Federación Galega de Ciclismo.

Xornada de presentación do plan municipal de abastecemento autónomo en Mondariz

O Concello de Mondariz foi en 2021 un dos seis concellos galegos seleccionados para participar no proxecto de plans municipais de abastecemento autónomo, promovido pola Concellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Ponteareas, presente no encontro do Eixo Atlántico para abordar a nova política urbana en Viana do Castelo

A nova política urbana europea prioriza unha serie de elementos e obxectivos para impulsar as cidades e o concepto de Axenda Urbana protagonizará o vindeiro período de programación a través do Pacto Verde e da Nova Bauhaus Europea impulsadas pola Comisión Europea.

O Balneario de Mondariz como exemplo do XVI Encontro de Vilas Termais

Esta fin de semana, representantes de 30 concellos de toda España e preto de 100 profesionais nacionais e internacionais analizarán no Balneario de Arnoia a importancia da aposta do termalismo como motor económico nas zonas rurais.

Ponteareas licita as obras de rehabilitación da nave de Aceros del Tea

O Concello de Ponteareas sacou a licitación as obras de rehabilitación da nave de Aceros del Tea, situada na Avenida de Galicia, por un importe de 637.000 euros, para transformar esta edificación industrial nun novo espazo cultural e musical para a localidade.

Concellos do sur de Pontevedra cuantifican en máis de 10 millóns de euros os danos causados polas inundacións

Máis de dous meses dende as fortes inundacións sufridas o pasado Nadal, os alcaldes de trece concellos do sur da provincia de Pontevedra máis afectados polos temporais reiteran a súa petición á Xunta de Galicia de que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico.

Comenza a segunda fase de actuación no xacemento de Os Castros

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, reuniuse co conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, xunto ao arqueólogo Francisco Manuel Herves Raigoso para avanzar na segunda actuación no xacemento arqueolóxico de Os Castros, que se ubica entre as parroquias de Soutolobre e Lourido.

A Feira do Requeixo e do Mel xa ten cartaz

A XXX Edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves xa ten cartaz. O xurado elixiu a obra da artista Sandra Táboas González, titulada 'As mulleres de sempre', como a imaxe da feira deste ano que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de abril.

A Plataforma polo Saneamento de Ribadetea convoca una xuntanza veciñal o domingo 12

A Plataforma polo Saneamento de Ribadetea convoca a todos os veciños da parroquia a unha xuntanza veciñal que terá lugar o vindeiro domingo dia 12 de marzo ás 17:00 horas, no Centro Cultural de Ribadetea.

Canedo réndese á maxia con Ian&Elisa

A maxia volve conquistar as parroquias ponteareás esta fin de semana ao abeiro do programa Cultura24. Este sábado 11 de marzo o Centro Cultural de Canedo será o escenario que acollerá unha nova sesión de ‘Maxia familiar’ con Ian&Elisa.

Ponteareas prepara un expediente sancionador polo peche temporal das gasolineiras municipais

O Concello de Ponteareas anunciou a apertura dun expediente sancionador á empresa adxudicataria da xestión de dúas gasolineiras de titularidade municipal por cesar, de maneira inxustificada, a prestación do servizo.

Ponteareas felicita ao grupo de teatro Pena do Equilibrio polo seu décimo aniversario

O Concello de Ponteareas traslada os seus parabéns ao grupo de teatro Pena do Equilibrio, que cumpriu os dez anos de vida durante a pandemia e non puido celebralo como a ocasión merecía.