Sábado, 13 Setembro de 2025

O Condado

Concello de Ponteareas e Deputación de Pontevedra asinan un convenio para transformar a Avenida Sarmiento Rivera

Ponteareas vive a transformación integral do seu centro urbano. A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinaron este martes no salón de plenos da Casa Consistorial un convenio para a recuperación do espazo público para as persoas na Avenida Sarmiento Rivera, un treito urbano da EP-4006 que contará cun investimento de 630.000 €.

O Goberno ponteareán satisfeito polos cambios no proxecto de mellora da seguridade viaria da N-120 tras as alegacións de Concello e veciñanza

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández; a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, e un representante da Plataforma de afectados pola N-120, Luis Campos, mantiveron unha reunión este luns na Subdelegación do Goberno en Pontevedra para coñecer os cambios introducidos tras recoller a práctica totalidade das alegacións presentadas por parte do Goberno municipal do BNG-PSOE e da veciñanza ao anteproxecto de mellora da seguridade viaria nesta estrada.

O PSOE de Ponteareas destaca o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa seguridade viaria da N-120

A Subdelegación do Goberno recibiu onte en Pontevedra a representantes do Concello de Ponteareas e da Plataforma da Nacional 120 para mostrarlles e informarlles acerca da aprobación definitiva do proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na N-120 ao seu paso polo municipio.

Recta final das obras do ReacPon en Ponteareas

Ponteareas vive a transformación integral do seu centro urbano coas novas actuacións implementadas pola Deputación de Pontevedra.

Os conservatorios de música de Ponteareas e Cambados intercambian escenarios por un día

O Conservatorio e Escola de Música de Ponteareas Reveriano Soutullo prepárase para unha tarde de intercambio no que compartir música, experiencias e escenario cos integrantes da banda de música do conservatorio de Cambados. Este xoves 16 de marzo a Banda de Música Xuvenil de Cambados visitará a sala multiúsos do auditorio municipal para deleitar ao público coas súas interpretacións.

Unidas Podemos leva ao Congreso dos Deputados a situación do grupo Ganomagoga

A iniciativa de Ponteareas en Común (Esquerda Unida e Podemos), o Grupo Parlamentario de Unidas Podemos-En ComúPodem-Galicia En Común, rexistrou o pasado venres 10 de marzona Mesa do Congreso dos Deputados unha serie de preguntas ao respecto da situación de Talleres Ganomagoga e do Grupo Ganomagoga.

O xeodestino Condado Paradanta acada as 50 empresas turísticas concertificado de calidade SICTED

O xeodestino Condado Paradanta xa conta con 50 empresas de servizos turísticos con certificado de calidade SICTED. Así se evidenciou na III Gala de Calidade Turística que tivo lugar este luns, 13 de marzo no Balneario Mondariz, e na que se entregou o selo de calidade a 29 das empresas.

A Xunta convocará prazas de médicos e pediatras en Covelo, Ponteareas, Mondariz, Arbo, Tomiño e Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, realizaron hoxe unha visita ao centro de saúde de Covelo, na que estiveron acompañados polo alcalde, Pablo Castillo, para informar de que o Goberno galego vai incluir 8 prazas de médicos e pediatras, que darán servizo aos concellos de Covelo, Ponteareas, Arbo, Mondariz, Tui e Tomiño, na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas.

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofrece un concerto de primavera

Este sábado, 18 de marzo, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebra o Concerto de Primavera, unha cita da agrupación musical que xa se converteu en habitual.

A Eurocidade Monçao-Salvaterra prepara a súa candidatura a fondos europeos

O alcalde de Monçao e a alcaldesa de Salvaterra de Miño preparan a candidatura da Eurocidade Monçao-Salvaterra para concorrer a fondos europeos para a cooperación e o desenvolvemento.

Éxito absoluto da sétima edición de ‘AndaGuláns’

‘AndaGuláns’ conquistou aos máis aventureiros. Centos de persoas déronse cita este domingo para gozar dunha nova edición dunha das andainas máis agardadas do ano.

Esta semana ábrese o prazo de inscrición dos campamentos de Semana Santa de Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño realiza, un ano máis, o Campamento de Semana Santa, dentro do seu programa de conciliación da vida laboral e familiar.