Sábado, 13 Setembro de 2025

O Condado

A cativada aprende divertíndose cos novos obradoiros infantís nas parroquias de Ponteareas

O Concello de Ponteareas pon en marcha dous novos obradoiros infantís nas parroquias da vila, talleres de balde para nenos e nenas de 5 a 12 anos nos que aprender, divertirse e gozar dun tempo de lecer entre rapazada. Estes obradoiros, que terán prazas limitadas, permitirán fomentar a creatividade dos máis pequenos e pequenas a través de diferentes actividades adaptadas ás súas idades.

Mondariz prevé mellorar e ampliar as instalacións deportivas da Lagoa

O Goberno municipal de Mondariz está aproveitando o último treito do mandato para presentar solicitudes que aseguren financiamento público a diferentes proxectos de renovación de infraestruturas e dotacións municipais. Recentemente solicitou unha liña de subvención do programa PON2030 da Deputación de Pontevedra para desenvolver un proxecto de mellora e ampliación das instalacións deportivas da Lagoa.

Roberto Mera abandona a política activa e renuncia a formar parte da candidatura do BNG

O primeiro tenente de alcaldesa do Concello de Ponteareas, Roberto Mera, abandona a política activa e renuncia a formar parte da candidatura nacionalista. Mera adiantou a súa decisión hai un mes persoalmente á Alcaldesa a quen posteriormente, a través dunha carta, explicou formalmente os motivos da súa decisión.

Humor con lingua en Ponteareas coa obra ‘A parábola do angazo’

O auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas abre esta fin de semana as súas portas para dar a benvida a Talía Teatro e a súa obra ‘A parábola do angazo’, unha comedia na que, a través do humor e a partir de textos de diferentes autores, a compañía invita ao público a reflexionar sobre as linguas no mundo e sobre o galego.

Segunda edición do Programa de Emprendemento de SmartPeme

Oito mulleres de Pontevedra, Salvaterra, Sanxenxo, Vigo e Vilagarcía de Arousa están a participar na segunda edición do Programa de Emprendemento de SmartPeme no Viveiro de Empresas situado no Polígono de Barro.

A risa como terapia no centro e nas parroquias de Ponteareas

O Concello de Ponteareas achega novos cursos ao centro da vila e aos centros e casas culturais das parroquias, levando novas iniciativas lúdicas, didácticas e de lecer a toda a veciñanza.

Finaliza o ciclo ‘Abril, mes do libro’ en Ponteareas

O ciclo de presentacións literarias ‘Abril, mes do libro’ chega esa semana ao seu fin cunha nova proposta que porá o broche de ouro a unha iniciativa coa que o Concello busca achegar ao público obras de escritores e escritoras da comarca ou vinculadas á vila de Ponteareas e que forma parte da programación coa que conmemorar o Día Mundial do Libro.

Árbores de Mondariz Balneario, incluidos no catálogo de árbores senlleiras

A Xunta acaba de incorporar ao Catálogo galego de árbores senlleiras unha Criptomeria xaponesa e uns Alciprestes de Portugal, localizados en ambos casos no concello pontevedrés de Mondariz-Balneario.

Explosión científica na Feira das Ciencias de Ponteareas

A Feira das Ciencias puxo o broche final a unha intensa semana na que, un ano máis, o Concello de Ponteareas quixo salientar a importancia da ciencia no día a día das persoas.

Ponteareas amosa ao mundo ás mans do seu tradicional Corpus

A alcaldesa Cristina Fernández daba comezo ao acto de presentación do documental ‘As mans do Corpus’, unha peza audiovisual que amosa “cunha gran sensibilidade o sentir de todas e todos os ponteareáns” por esta festa histórica.

O Trail Orixes Mondariz aspira a superar as 600 persoas inscritas na súa quinta edición

O Goberno municipal, xunto a representantes da Asociación Deportiva Mondariz, presentou este venres 21 de abril o V Trail Orixes Mondariz, unha carreira de montaña que se consolida ano a ano e atrae a decenas de participantes de Galicia e fóra de Galicia.

Comeza o proxecto Net-Zero en Ponteareas para acadar a plena sostibilidade ambiental

Ponteareas dá novos pasos na procura dunha maior sostibilidade. O Concello presentou ante a veciñanza, especialmente a representantes comerciais e empresariais e colectivos forestais da vila, o proxecto Net-Zero.