Venres, 12 Setembro de 2025

O Condado

Adxudicadas as obras de mellora na contorna do IES Pazo da Mercé das Neves

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar a adxudicación das obras de mellora da mobilidade peonil na contorna do IES Pazo da Mercé, na entrada ao núcleo urbano das Neves. A institución investirá nesta actuación na EP-4006 Ponteareas–As Neves 248.000 €.

Iniciadas as obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio de Servizos de Emerxencia de Ponteareas

O Concello de Ponteareas xa deu inicio ás obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio de Servizos de Emerxencias da vila, uns traballos destinados a garantir unhas instalacións municipais máis eficientes e reducir a súa pegada de carbono.

Mondariz ten a urxente necesidade de aprobar un orzamento este verán

Desde que baixou do limiar dos 5.000 habitantes e viu reducidos os ingresos recibidos do Estado, o Concello de Mondariz presenta desequilibrios estruturais entre ingresos e gastos que inciden na situación económica-financeira da entidade local.

O Ciclo Integral da Auga garante a construción da rede de saneamento e da EDAR en Celeiros, Ponteareas

Ponteareas continúa avanzando no Ciclo Integral da Auga, unha nova concesión do servizo de abastecemento, saneamento e depuración da vila que suporá investimentos millonarios no rural ponteareán para a mellora e ampliación de infraestruturas.

Ponteareas abre unha nova convocatoria de axudas para libros de texto e material escolar

O Concello de Ponteareas vén de abrir o prazo para solicitar as axudas municipais de apoio ao estudo, subvencións destinadas ao alumnado matriculado o vindeiro curso 2023/2024 en 4º, 5º ou 6º de educación infantil, FP Básica, ciclos formativos ou bacharelato nos centros de ensino da vila.

Exposición en Ponteareas sobre a historia do Corpus

O Corpus abre as portas aos 150 anos de historia da Banda de Música Unión de Guláns. O vestíbulo do auditorio municipal Reveriano Soutullo acolle ata o vindeiro luns 12 de xuño unha exposición.

Industria obriga a Cide CHCEnergia ao restablecemento do servizo de luz cortado de forma irregular en Ponteareas

Tras os trámites realizados polo Concello de Ponteareas, a Consellería de Economía, Industria e Innovación emitirá unha resolución para o restablecemento inmediato do servizo de luz cortado de forma inxustificada por parte da eléctrica Cide CHCEnergía.

Voluntariado no río Tea para o control de especies invasoras

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA, no marco do Proxecto Fluviatilis, continúa coas actividades programadas de xestión e control de flora exótica invasora co obxectivo de dar a coñecer as problemáticas ambientais que ameazan os ecosistemas fluviais e facilitar a participación cidadá a través de accións de voluntariado ambiental.

Ponteareas comeza o Corpus co pregón a cargo de Jorge Sobral

Leva dende os 17 anos vivindo fóra de Ponteareas, pero cada vez que cruza de norte a sur a ponte de Rande sinte que está preto da súa casa. Así o explicaba o catedrático Jorge Sobral, pregoeiro do Corpus Christi 2023, que ante o público que ateigou a sala multiúsos do auditorio municipal foi tecendo a alfombra da súa vida nunha vila na que “música, xogos, tempos lentos, amizades... todo iso é a Ponteareas do meu maxín”.

O CN Ponteareas, campión Galego Máster

O CN Ponteareas acadou o título de campión Galego Máster (conxunto e feminino) na cita autonómoca que se celebrou os pasados días 2 e 3 de xuño na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

O alumnado de Ponteareas toma o camiño escolar seguro

O alumnado de Ponteareas encheu o primeiro camiño escolar seguro da vila, un itinerario dalgo máis dun quilómetros que permite cada día a máis de 1.500 nenos e ás súas familias desprazarse de forma segura ata os centros educativos da contorna, triplicando ademais o espazo dispoñible para a veciñanza apostando pola mobilidade sostible.

A innovación do Balneario de Mondariz destaca no Congreso Nacional de Uroloxía

A historia médica do Balneario de Mondariz foi destacada no LXXXVI Congreso Nacional de Uroloxía celebrado en Granada, da man do Dr. Fernando Domínguez Freire que baseou o relatorio, “Uretrotomía interna segundo Maissoneuve, á mantenta de recordos clínicos no Balneario de Mondariz con noticias da uroloxía española”, nos traballos realizados no establecemento termal e que xa son parte da historia da uroloxía española.