Martes, 8 Xullo de 2025

O Condado

O Consello da Cultura Galega solicita á Xunta de Galicia que garanta a conservación da Fonte de Troncoso

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega visitou o edificio da Fonte de Troncoso, en Mondariz Balneario e fixo entrega a plataforma 'SOS Fonte de Troncoso' o informe elaborado pola Comisión de Patrimonio e na que pide, á Xunta de Galicia, que garanta a conservación deste ben patrimonial.

O BNG forza ao Goberno de Mondariz Balneario a crear axudas para paliar os efectos da Covid-19

O BNG amosou a súa satisfacción tras forzar ao goberno de Mondariz Balneario a crear unha partida orzamentaria por importe de 9.800 € para axudar ás persoas autónomas da vila. Segundo indican os nacionalistas, “a presión exercida polo grupo municipal do BNG xurdiu efecto e fixo mudar a posición inicial do goberno, que no pleno anterior rexeitara esta e outras propostas do Bloque para paliar os efectos do Covid-19 na veciñanza da vila”.

O Concello de Ponteareas convoca ao Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia

O Concello de Ponteareas vén de convocar ao Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia para manter unha nova reunión, nesta ocasión virtual, o vindeiro 18 de xuño ás cinco da tarde. O alcalde ponteareán, Xosé Represas, quere dialogar coa infancia e coa mocidade da vila sobre o tempo de confinamento e a actualidade da desescalada co obxectivo de afondar naquelas preocupacións que os abordaron nestes tempos e coñecer cales foron as súas necesidades.

Balneario de Mondariz, recoñecido nos Premios ‘Wedding Awards 2020’ como “o lugar ideal para casar”

Balneario de Mondariz foi de novo galardoado, nesta ocasión cun dos premios Wedding Awards 2020, considerados os Óscar do sector nupcial e de vodas, o que o acredita como un dos espazos máis recomendados polas parellas que casaron durante 2019. Estes galardóns organízaos a web Vodas.net, que forma parte do grupo The Knot Worldwide, líder global no ámbito nupcial e basean os seus galardóns nas máis de 7 millóns de opinións de parellas coas que conta o portal.

Salvaterra de Miño dará axudas de 75 € para compra de material escolar de infantil

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño vénn de aprobar as axudas de 75,00 € destinadas á adquisición de libros e material escolar de infantil, para o curso 2020-2021. O obxecto destas axudas, sinala a alcadesa Marta Valcárcel, "é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas".

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi impulsan varias iniciativas para que o Corpus siga a ser a festa grande

A crise sanitaria provocada pola COVID-19, o confinamento e as fases medidas de desescalada que se están a desenvolver, fan que celebracións senlleiras téñanse que reinventar. O Corpus Christi de Ponteareas, declarado Festa de Interese Turístico Internacional é un bo exemplo.

O novo céspede do campo ‘Pepe Capón’ das Neves terá o selo de certificación FIFA Quality Pro

Técnicos do Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV), veñen de realizar as probas no novo céspede do Campo Municipal de Fútbol 'Pepe Capón' para entregarlle o selo de certificación FIFA Quality Pro. No novo céspede adestrarán e competirán máis de 200 deportistas de todas as categorías.

Ponteareas abre a preinscrición para o Campus-Tea urbano

A Concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que ata o vindeiro 18 de xuño estará aberta a preinscrición para o Campus-Tea urbano. Un ano máis, o campamento facilitará ás familias a conciliación familiar e laboral abrindo as súas portas para os e as cativas de educación infantil e primaria en horario de 9 a 14 horas, existindo tamén a posibilidade de solicitar aula matinal en horario de 07:30 a 09:00 horas.

Máis de 30 establecementos de Salvaterra adheriranse á plataforma de venda online DBarrio

Na tarde de onte a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, mantivo unha reunión cos presidentes das Asociacións de Comerciantes do municipio e o representante da plataforma de venta online a domicilio DBARRIO, co fin de definir os pasos e as fases para por en marcha esta plataforma, unha vez feita a primeira ronda de contacto co comercio local.

Luís Bará destaca en Ponteareas “o exemplo de mobilización do pobo galego” diante da carencia de material de protección na crise da COVID-19

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, recoñeceu hoxe “o exemplo de mobilización do pobo galego” diante da situación de carencia de material de protección na crise da COVID-19. Así o fixo nunha visita en Ponteareas ao ‘Equipo batas, máscaras e gorros de SOGAPS’ que agrupou dende o inicio da pandemia a máis de 300 persoas voluntarias que confeccionaron máis de 200.000 máscaras, traxes e gorros para sanitarios de toda Galiza.

Mondariz pechará a piscina municipal en verán para destinar máis recursos a servizos básicos

Considerando os requerimentos extraordinarios en materia de hixiene, desinfección e distanciamento social que figuran no protocolo de Sanidade para a reapertura de piscinas e as características das instalacións municipais, o Concello de Mondariz manterá pechada a piscina municipal durante os meses de verán para preservar a seguridade e priorizar recursos.

Ponteareas destina 50.000 euros de subvencións para apoio á cultura

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, informa que a partir de hoxe mércores, 10 de xuño, xa se poden presentar as solicitudes de apoio á cultura logo da publicación, no Boletín Oficial da Provincia de onte, da convocatoria de subvencións destinada a casas e centros culturais do Concello de Ponteareas.