Luns, 7 Xullo de 2025

O Condado

Dúas persoas resultaron feridas como consecuencia dunha colisión frontal en Ponteareas

Unha persoa sufriu feridas de consideración como consecuencia dunha colisión frontal entre dous vehículos en Ponteareas. No sinistro tamén resultou ferida outra persoa, aínda que de carácter leve. Así o indicaron os efectivos de emerxencias a través do 112 Galicia unha vez que remataron a súa intervención coa excarceración dunha das vítimas.

A Concellería de Cultura de Ponteareas e Banastra entregan os premios do concurso de relatos ‘Remata o conto’

Hoxe luns día 10 de agosto, na Biblioteca Municipal de Ponteareas entregáronse os premios do concurso de relatos 'Remata o conto'. Unha iniciativa realizada pola Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación Comercial Banastra con motivo da IV edición da Feira do Libro de Ponteareas.

‘MercaSerán’, a gran festa do comercio de Ponteareas

O concello de Ponteareas presentou hoxe o 'Mercaserán', unha iniciativa do comercio ponteareán que une esforzos para pór en valor a súa ampla oferta de servizos e produtos. A alcaldesa en funcións, Cristina Fernández, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, presentaron hoxe xunto a membros da Asociación de Comerciantes Tea e a membros de BANASTRA esta primeira edición que terá lugar o vindeiro venres 14 de agosto seguindo tódalas medidas de seguridade e distanciamento COVID-19.

O actor Amador Rivas presenta en Ponteareas ‘O que arde’ dirixido por Oliver Laxe

O Concello de Ponteareas programa unha nova sesión de 'Cine na rúa' para este xoves día 13 ás 22 horas na Feira Vella. O actor Amador Arias presentará o filme 'O que arde' do director Oliver Laxe e premio do xurado no afamado festival de Cannes. Santiago Fillol e Oliver Laxe guionizan este drama protagonizado por Amador Arias e Benedicta Sánchez.

As Neves acomete a mellora de dúas áreas de lecer nas antigas escolas unitarias de San Cibrán e Vide

O Concello das Neves vén de dar comezo as obras de mellora da área de lecer no terreo que rodea a antiga escola unitaria de San Cibrán de Ribarteme. As mesmas contan cun orzamento de 26.598,25€, financiado con cargo ao remanente municipal de 2019.

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética do centro de saúde de Mondariz

As Consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Sanidade impulsan un acordo marco para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nun total de 28 centros de saúde da Comunidade que permitirán mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e importantes aforros nas súas facturas enerxéticas. Entre os beneficiados atópase o centro de saúde de Mondariz.

A ponteareá Noelia Porto participará na nova edición de ‘Recantos’ do ‘Luar’ da TVG

Se Ponteareas ten na música un dos seus sinais de identidade, algo que ninguén dubida, a parroquia de Guláns cheira a música polos catro costados. Non é polo tanto de estrañar que unha filla desas terras, Noelia Porto, fora elixida para participar na sección de Recantos do incombustible 'Luar' da TVG para representar ás comarcas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño.

O PSOE de Ponteareas condena públicamente as agresións sufridas pola Policía Local

O PSOE de Ponteareas denunciou hoxe os acontecementos ocurridos na mañanciña de onte no que foron agredidos dous Policías Locais por un grupo de...

Ponteareas acomete a vindeira semana a reordenación peonil e de tráfico na contorma do mercado de abastos

O vindeiro luns darán comezo os traballos de pintado e sinalización de diferentes rúas no entorno do Mercado Municipal. As actuacións forman parte do plan de reordenación dos espazos peonís e do tráfico nas rúas A Braña, Fernández Vega, Perillana, Esperanza, República Arxentina, Morales Hidalgo, A Estrada, Castiñeira, Virxe da Luz e A Minada.

‘O Son do Río’ presentan na Praza de España de Mondariz o seu novo disco ‘De Raíz’

Música popular. Lecer. Soños. Raíces. Maxia. Sentir. Legado. Recordo. Todas estas palabras compoñen os piares sobre os que se sostén O Son do Río e o seu recente debut discográfico, 'De Raíz' que se presenta este sábado, 8 de agosto ás 23:00 horas, na Praza de España de Mondariz.

A Escola de Música de Xinzo abre o prazo de matrícula para o curso 2020/2021

Dende o pasado 15 de xullo, a Escola de Música de Xinzo deu comezo ao período de inscrición para o vindeiro curso, prazo que permanecerá aberto ata o día 31 de agosto. Os novos alumnos poderán matricularse nas clases de Linguaxe Musical e Instrumento, ao que se suma a posibilidade de entrar a formar parte da Banda de Música Infantil.

Ponteareas promoverá a reciclaxe e reutilización do lixo electrónico

Ponteareas será un dos once concellos da provincia que participará na campaña da Deputación de Pontevedra de reciclaxe e reutilización do lixo electrónico, segundo informou hoxe a concelleira de Medio Ambiente do Concello ponteareán, Rosa Covelo.