Luns, 7 Xullo de 2025

O Condado

O BNG amosa o seu apoio ás reivindicacións dos salóns de peiteado e barberías para a rebaixa do IVE

O BNG vén de amosar en Ponteareas o seu apoio ás reivindicacións do sector dos salóns de peiteado e barberías, que teñen convocadas mobilizacións para este mércores nas que reclaman que se rebaixe o IVE até o 10 %, tal e como leva reclamado o Bloque nos últimos anos.

O refraneiro popular galego revoluciona as redes sociais do Concello de Ponteareas

O vídeo sobre o refraneiro popular que creou e subiu a Concellaría de Cultura o venres pasado alcanzou xa 11.000 persoas, leva case 5.000 reproducións e foi compartido por 111 persoas. A iniciativa xurdiu para fomentar o coñecemento e compartir entre o departamento e a cidadanía estas doses de sabedoría ancestral popular

O Concello de Salvaterra reúnese equipo directivo de Conservas Albo

Esta semana pasada a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, o 1º Tenente de Alcalde, Ernesto Groba e a Técnica en orientación laboral, mantiveron unha xuntanza có equipo directivo de Conservas Albo co gallo de ultimar os preparativos para o inicio das obras da construción da nave

Concluída a ampliación do aparcadoiro de Granitos que oferta máis de 130 prazas de estacionamento

O Concello de Ponteareas informa que concluíu os traballos de ampliación do aparcadoiro de Granitos de Galicia que agora oferta un total de 133 prazas de estacionamento. Durante esta semana procedeuse a instalar o peche perimetral metálico do aparcadoiro e ao pintado das prazas de aparcamento e zonas de circulación.

Dúas persoas foron evacuadas en Ponteareas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta noite a dúas persoas que presentaban síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Ponteareas. Segundo a información recollida no 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as nove da noite de onte nun domicilio situado no lugar da Costa Sequeiros.

Ponteareas executa o 45% dos fondos europeos e achégase aos 3 millóns de euros de investimentos

O goberno do BNG-PSOE de Ponteareas trasladou aos grupos da oposición o estado actual de execución da estratexia EDUSI nunha reunión na que o técnico responsable fixo balance dos proxectos executados e adiantou as próximas liñas a seguir.

O pavimentado das zanxas da rede de calor porá fin o luns ás restricións nas rúas afectadas polas obras

A Concellaría de Mobilidade e Tráfico informou da realización o vindeiro luns dos traballos de pavimentado das zanxas abertas para a instalación da rede de calor. Con esta actuación, a rede viaria, afectada por estas obras nos últimos dous meses, voltará á normalidade recuperándose todos os sentidos de circulación e as prazas de estacionamento.

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas amplía o seu horario abrindo os sábados

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas dependente da Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, amplía o seu horario abrindo tamén os sábados pola mañá de 10:30 a 13:30 h. Este novo horario coincide cos exames de xaneiro, desta forma os estudantes poderán preparalos máis e mellor.

Ponteareas xestionou a limpeza e roza de 138 parcelas en Padróns para a prevención de lumes

O Concello de Ponteareas xestionou e tramitou o pasado ano 2020 máis dun cento de contratos entre a empresa pública SEAGA e veciñanza da parroquia de Padróns para a limpeza e roza de parcelas situadas a carón de núcleos habitados e a prevención dos lumes forestais.

Aprazada a elaboración da Alfombra dedicada ao Camiño Inglés que se pretendía facer na Praza de María Pita da Coruña

A Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, ten como obxectivo principal todas aquelas actividades dirixidas á difusión, divulgación e promoción do Camiño de Santiago e do patrimonio material e inmaterial vinculado a el. Destacando a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.

Peche perimetral de Ponteareas dende o venres ao dispararse a incidencia da pandemia

Tras o análise da situación da pandemia por parte do comité clínico, a Xunta de Galicia tomou a decisión de ordenar o peche perimetral en 60 concellos, entre os que se atopa Ponteareas, quedando prohibida a saída da localidade agás para desprazamentos xustificados.

O PSdeG-PSOE pon en marcha as xestoras de As Neves, O Porriño e O Rosal

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE celebrou a súa primeira xuntanza do ano para abordar cuestións orgánicas que, como é habitual dentro do partido na provincia, resolvéronse con consenso de tódalas partes e acordo unánime dos integrantes da Executiva.