Ponteareas, 23 de xaneiro de 2021.- A Xunta de Galicia aprobou case 300 axudas para o sector de hostalería das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do seu Plan de Rescate para Autónomos, Microempresas e Hostalería, aprobado a finais do pasado ano para paliar os efectos socioeconómicos das restricións das medidas sanitarias fronte á covid-19 neste sector e outros afectados pola pandemia. Deste xeito, estase a inxectarlle máis de 500.000 € para superar a actual situación.
A concellaría de Ensino, que dirixe a alcaldesa en funcións Cristina Fernández, apoia as demandas da Asociación de Nais e Pais do CEIP Santiago de Oliveira, que piden dende comezo de curso a construción dun ximnasio e oferta de comedor escolar e reclama unha resposta inmediata á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, xunto con representantes das Comunidades de Montes de Ponteareas, Arcos e Bugarín, visitou as actuacións realizadas en 2020 no parque forestal da Picaraña, co financiamento do Concello de Ponteareas e da Deputación Provincial de Pontevedra. A edil nacionalista salientou que “as actuacións desenvolvidas nun total de 34 hectáreas supuxeron un investimento de 68.000 euros e atinxiron á mellora medioambiental do espazo natural e á creación de novos equipamentos de lecer na natureza”.
O grupo municipal do Partido Popular de Mondariz deu luz verde, cos seus votos, a un novo recoñecemento extraxudicial de crédito de 373.261,66 €, presentado polo goberno que preside o nacionalista Xosé Emilio Barros. As facturas aprobadas por este procedemento –permite aprobar facturas de gastos que efectuaron sen partida orzamentaria– correspóndense con débedas adquiridas polo actual Goberno de Mondariz.
A concellaría de Mobilidade e Tráfico do Concello de Ponteareas, que dirixe Roberto Mera, informou da posta en marcha este venres do semáforo instalado no IES O Barral. A instalación deste dispositivo de seguridade, unido ao correspondente paso de peóns, sinalización vertical e beirarrúa de 100 mts de lonxitude permite agora ao alumnado, nai e pais e profesionais do centro educativo atravesar con seguridade a N-120.
O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar, a través da liña 3 de emprego do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, a contratación de 18 persoas por un importe de máis de 170.000,00€.
As comunidades de montes dos concellos de Ponteareas, Salceda de Caselas e O Porriño únense para denunciar a presenza masiva de motos, quads, todoterreos e outros vehículos nos seus montes, causando cuantiosos estragos no patrimonio natural e forestal.
O Concello de Ponteareas sacará a concurso a continuidade na xestión do Servizo de Axuda no Fogar, que dende hai anos presta unha empresa privada, por un valor estimado de 5.038.398,00 euros por un período máximo de 5 anos, dous de contrato inicial e outros tres en prórrogas dun ano cada un.
O Grupo Municipal do PP lamenta a actitude do portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, que, nas comisións informativas, bloqueou as dúas mocións presentadas polo PP por vía de urxencia. Nas mocións instábase ao Goberno do estado a reducir o IVE aplicado aos salóns de peiteado, barbarías e salóns de beleza, mentres que a segunda propuña a creación dun fondo de Cooperación Xunta-Deputación-Concello de Ponteareas para axudar á hostalería.
O Concello de Ponteareas comunicou a contratación do proxecto da nova depuradora a ubicar na parroquia de Moreira cunha capacidade para máis de 4.600 habitantes. Esta nova EDAR está prevista no Plan Director de Saneamento redactado en 2018 EDAR, distinta da prevista a realizar polo Estado na Moscadeira.
A Consellería de Política Social vén de aumentar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención de persoas dependentes en toda a comunidade, a partires deste mesmo ano, en 10 millóns de euros.
A concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, vén de retomar as actividades escolares sobre compostaxe impartidas dentro do Programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra ao que está adherido o Concello ponteareán.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.