Martes, 1 Xullo de 2025

O Condado

Concello de Salvaterra e CRA A Lagoa reafirman o seu proxecto de colaboración educativa

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Vacárcel Gómez, supervisou as obras que nestes momentos estánse a realizar nas aulas do CRA. A Lagoa, obras que son froito dun traballo conxunto entre o Concello, profesorado e pais e nais do centro.

O programa Cultura24 volve ás parroquias de Ponteareas

A Concellería de Cultura continúa a levar actividades ás diferentes parroquias do municipio ao abeiro do Cultura24, un programa posto en marcha “para achegar a actividade cultural ás vinte e catro parroquias que compoñen o concello ponteareán”.

A Deputación mellora a EP-4201 no tramo entra Setados e Ribarteme nas Neves

As obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-4201 Setados-Ribarteme-Vide, ao seu paso polo concello das Neves, están en marcha cun investimento de 291.383 euros da Deputación.

O PXOM de Ponteareas afronta a súa recta final e espérase que sexa aprobado definitivamente pola Xunta neste verán

O Goberno Municipal do BNG e PSOE aprobarán no pleno deste mes de xuño o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ponteareas cos cambios esixidos pola Xunta. Tras a recente convocatoria da comisión informativa, o PXOM levarase a sesión plenaria tras decidir demorar un pouco máis a súa aprobación para que os grupos políticos municipais dispuxeran de máis tempo para analizar o documento e realizar axustes técnicos derivados de cambios recentes na cartografía oficial da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Ponteareas continúa co labora de orientación laboral para a mocidade do municipo e a comarca

O Concello de Ponteareas continúa co seu labor de orientación laboral para as mozas e mozos tanto do municipio coma da comarca. Ao longo de todo este ano, o Departamento de Orientación Laboral, dependente da Concellaría de Emprego e Formación dirixida por Vanesa Fernández, levou a cabo charlas de Asesoramento Vocacional e Formativo a estudantes en diferentes centros de ensino do Condado.

Salvaterra de Miño xa conta co seu banco LGTBIQ+

O Concello de Salvaterre ade Miño vén de sumarse ás reivindicacións do colectivo LGTBIQ+ e aos actos conmemorativos do Día do Orgullo co fin de dar visibilidade e loitar por unha sociedade máis xusta, igualitaria e diversa. Este 28 de xuño celébrase en todo o mundo o Día do Orgullo LGTBIQ+ e o Concello de Salvaterra de Miño quere ser partícipe aportando o seu gran de area con algúns xestos que, aínda que queda camiño por percorrer, axudan a confiar nun futuro social máis xusto e tolerante.

A Picaraña, escenario de luxo para o Campionato Galego de Descenso BTT, a proba máis importante da tempada

Ponteareas, terra de ciclistas e de ciclismo, acollerá o vindeiro 4 de xullo o Campionato Galego de Descenso BTT–Ultimate Downhill do Tea, a que é considerada como a proba máis importante da tempada nesta modalidade e da que sairán 16 maillots de campións e campionas autonómicas.

A Xunta dá luz verde á construción dun albergue de peregrinos en Mondariz

A Xunta de Galicia deu luz verde á construción dun albergue de peregrinos no concello de Mondariz. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de emitir a autorización ambiental estratéxica (AAE) do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun albergue, e un aparcadoiro para autocaravanas, nunha parcela municipal na Cela.

O alcalde das Neves fai unha dobre proposta para o uso do millón de metros cadrados que quedaron fora da PLISAN

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves, vén de plantexar ao Consorcio da Zona Franca de Vigo dúas opcións para o uso do millón de metros cadrados da Plataforma Loxística, situados no concello das Neves, que quedaron fora da mesma, por sentenza do Tribunal Supremo.

Fin de proxecto interdisciplinar anual “A tope coa saúde”

Hoxe martes, 22 de xuño, de 11:00 a 13:00 h., no camiño do pavillón de Leirado, como peche das actividades lectivas no centro, está a haber un maratón radiofónico e unha exposición dos traballos que realizou o alumnado ao longo do curso en relación co proxecto interdisciplinar “A tope coa saúde”.

O VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja celebrarase do 25 ao 27 de xuño

Onte, 21 de xuño de 2021, tivo lugar a presentación do VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, no Concello das Neves.

O CPA Condado consegue 5 podios nos rexionais

O pasado sábado 19 de Xuño celebrouse en Candeán a Iª Fase de Categoría Rexional, onde o CPA Condado de Salvaterra de Miño obtivo excelentes resultados, que logrou 5 podios en total nas diferentes categorías.