Xoves, 3 Xullo de 2025

O Condado

Mondariz goza do ‘Pump Track’ máis grande de Galicia grazas ao Plan Concellos da Deputación

O Concello de Mondariz vén de gañar un novo e moderno espazo para o deporte no antigo campo de fútbol da Minada, que agora alberga o circuíto 'pump track' asfaltado máis grande de Galicia. A infraestrutura, que forma parte do Centro de Ocio e Deporte Urbano que proxecta o Goberno municipal, foi financiada cunha achega de 48.399 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Teresa Ríos, Carmen Lemos, e Laura Domínguez, gañadoras do concurso de relatos breves ‘Remata o Conto’

O certame de relatos breves Remata o Conto que organiza o Concello de Ponteareas, e a Federación de comercio, hostalaría e servizos de Ponteareas (Banastra) xa ten gañadoras. Teresa Ríos gañou o primeiro premio, Laura Domínguez o segundo, e Carmen Lemos o terceiro. O concelleiro de Cultura e Lingua e membro de xurado, Fernando Groba, destacou a “calidade literaria, a orixinalidade, a corrección lingüística, e a adecuación ao tema” das tres gañadoras.

Miguel Martínez e Aroa Silva, vencen na ‘V Travesía a nado Vila do Tea’

O sábado 14 de agosto a praia da Freixa vestíase de gala para dar acollida á V Travesía a nado 'Vila do Tea', a primeira etapa do Circuíto Galego de Augas Abertas 2021, cunhas condicións meteorolóxicas ideais para a práctica da natación en augas abertas. Os máis de 200 nadadores e nadadoras inscritos constituían o récord de participación da proba.

O Centro Cívico de Ponteareas contará con máis de 900 m2 para actividades sociais e servizos municipais

O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) presentou onte ás asociacións e colectivos da vila o proxecto do primeiro Centro Cívico de Ponteareas que ofrecerá máis de 900m2 para servizos de alta demanda e espazos para mocidade, infancia, asociacións e colectivos e para a realización de obradoiros, cursos ou exposicións. “O primeiro edificio público destas características en Ponteareas posibilitará o encontro da cidadanía e apoiará o asociacionismo con espazos versátiles e flexíbeis”, explicou a alcaldesa Cristina Fernández Davila na presentación da reunión.

A Plataforma N-120 de Ponteareas lamenta a falta de xestión do Concello no que cualifica de “proxecto fantasma” da reforma da estrada

A Plataforma N-120 de Ponteareas vén de facer público un escrito no que lamentan a falta de xestión do Concello ante o que cualifican de "proxecto fantasma" de reforma da estrada. Esa inacción, sinala a plataforma, contrasta coa actitude do alcalde da Cañiza, Luis Piña (PSOE), ao que queren felicitar públicamente "pola magnifica xestión" que levou a cabo en favor da estrada nacional 120 ao paso polo seu municipio.

Mondariz, referencia estival para o fútbol base

As instalacións deportivas da Lagoa, en Mondariz, convertéronse este verán en epicentro da promoción do fútbol base na provincia, cun campus e cun torneo internacional organizado pola escola MS2, do exfutbolista galego Míchel Salgado. O Concello de Mondariz, interesado en fomentar a actividade turística e deportiva na localidade, apoiou o proxecto e colaborou activamente coa organización para atraer visitantes en condicións de seguridade.

Ponteareas comeza a esterilización das súas 17 colonias felinas

O Concello de Ponteareas, a través da concellaría de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo Alonso, comezou a esterilización das 17 colonias felinas que hai na vila. Nestas semanas xa hai dúas completamente tratadas, e xa se comezou a capturar aos gatos dunha terceira. “Priorizamos as intervencións nos espazos que acumulan máis queixas da veciñanza, sexa por problemas sanitarios, ruídos, alimentación…”, explica a edil.

O Club Natación Baixo Miño adestra na piscina preolímpica das Neves

Grazas a un acordo co Concello, dende o pasado día 8 de agosto, os integrantes do Club Baixo Miño de Natación, de Tui, están adestrando na piscina municipal das Neves. As nadadoras e nadadores dispoñen da pileta unha hora diaria, de 11:30 a 12:30 h. A piscina das Neves, de dimensións preolímpicas, é a única que poden utilizar estes deportistas logo de que as de Tui, Salceda, Salvaterra e Mondariz permanezan pechadas este verán.

A veciñanza de Ponteareas pode obter o seu certificado COVID e a Chave 365 no Centro de Servizos Sociais

Dende esta semana é posible obter o certificado COVID e a Chave 365 no Centro de Servizos Sociais de Ponteareas, no número 10 da rúa Oriente en horario de 08.00 a 14.30 horas. O Concello cedeu este espazo á xerencia do Sergas da Área Sanitaria de Vigo para poder ofrecer este servizo aos veciños e veciñas da vila e tamén da comarca.

Ponteareas “lenzo en branco” para pintores e pintoras esta fin de semana

Ponteareas será un lenzo en branco para os pintores e pintoras galegas esta fin de semana. Un lugar onde inspirarse e descubrir novas creacións artísticas. A vila estrea a primeira edición da mostra PonteArt que organizan a Federación de comercio, hostalaría e servizos de Ponteareas –Banastra– e o Concello, co obxectivo de achegar “a toda a veciñanza ás artes pictóricas”, destaca a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

Salvaterra de Miño abre unha nova oficina de turismo xunto ao Parque da Canuda e pon en marcha o servizo gratuíto de bicicletas

O Concello de Salvaterra de Miño ven de abrir, neste mes de agosto, unha nova Oficina de Turismo xunto ao parque público A Canuda, co fin de atender o incremento de demanda de información turística durante estes meses e, do mesmo xeito, abre tamén en época estival o servizo gratuíto de bicicletas. O horario de ambos servizos é de mércores a domingo de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h, de agosto a novembro.

Salvaterra de Miño remata a intervención no cruceiro e peto de ánimas de San Roque, na parroquia de Cabreira

Dentro da liña de traballo que se ven realizando de posta en valor do patrimonio histórico cultural, e despois da restauración do cruceiro de Vilacoba, o da Igrexa de Leirado, Cimadevila en Fornelos, o muiño en Alxén, neste momento o Concello de Salvaterra de Miño encóntrase rematando a intervención sobre o peto de ánimas e o Cruceiro de San Roque de Cabreira, para posteriormente empezar coa restauración do palco de música de Leirado.