Luns, 12 Maio de 2025

O Condado

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Ponteareas os días 26 e 27 de novembro

Ponteareas contará con dúas novas xornadas de doazón de sangue. A concellaría de Saúde, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, informa que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na vila os vindeiros días 26 e 27 de novembro e convida a todas as persoas que o desexen a achegarse a deixar a súa pinga de solidariedade.

Cortados cinco dos icónicos tileiros da praza de Mondariz polo seu deteriorado estado de conservación

Á vista do estado de conservación das árbores da Praza de España, o Goberno municipal de Mondariz tomou a decisión de cortar as cinco máis danadas para evitar riscos en materia de seguridade. Durante a xornada laboral do xoves, varios operarios municipais completaron a tarefa coa axuda de dous vehículos con guindastres. Unha vez derrubados, os pés das árbores amosaban un estado de podremia interna que xustificaba a medida.

Concello de Ponteareas e Avelaíña continúan traballando xuntos no servizo de información e asesoramento en saúde mental

O Concello e a Asociación Avelaíña continúan traballando da man para mellorar a calidade de vida e favorecer a integración social das persoas afectadas. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e a presidenta da asociación, Mª Fernanda Orduna, renovaron o convenio de colaboración entre ambas entidades por un importe de 5.000 euros que permite apoiar o “Servizo de información e asesoramento en saúde mental para previr a exclusión social”.

Ponteareas introduce melloras no sistema de cita previa para a renovación do DNI

O Concello de Ponteareas acaba de por en marcha melloras no sistema de solicitude de cita previa para a renovación do DNI de cara a facilitar á veciñanza a realización deste trámite. A Concellaría de Bo Goberno, que dirixe Roberto Mera, implementou unha atención personalizada en lugar do anterior sistema de cita telefónica automatizada, que en ocasións provocaba problemas ao non rexistrar o solicitante correctamente todos os datos necesarios.

Salvaterra de Miño recolle a Q de Calidade do entorno da fortaleza

Este mércores 17 de novembro, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, xunto coa Directora de Turismo de Galicia, fixeron entrega á alcaldesa de Salvaterra de Miño do recoñecemento de Calidade Turística 2020 ao Entorno da Fortaleza de Salvaterra de Miño.

Ponteareas renova o seu convenio con AFAGA para atender ás persoas con demencia neurodexenerativa

O Concello de Ponteareas renovou esta mañá o seu convenio coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheímer e outras demencias de Galicia (AFAGA) para atender ás persoas con demencia neurodexenerativa.

Ponteareas inaugura o próximo sábado o seu Museo do Corpus a ceo aberto

O Concello de Ponteareas inaugura o próximo sábado o Museo do Corpus a ceo aberto, o primeiro de Galicia, e que grazas á tecnoloxía converterá as rúas da vila do Tea no escenario perfecto para desfrutar da arte floral durante todos os días do ano.

A historia de “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” chega en forma de libro a Ponteareas

A historia do ponteareán Alejandro Viana ben podía ser a do Schindler galego. Na Europa ocupada polos nazis e perseguido pola Gestapo e a Falange foi quen de sacar a miles de refuxiados españois a América e salvar así as súas vidas.

Ponteareas destina case 10.000 euros en axudas para investimentos das entidades veciñais

A Concellería de Vías, Obras e Alumeado de Ponteareas, que dirixe Chus Garrote, destina case 10.000 euros en axudas para subvencionar intervencións de mellora de espazos públicos das entidades veciñais.

O sábado preséntase en Ponteareas o libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos” de Roberto Mera

A sala multiúsos do Auditorio de Ponteareas acollerá, este vindeiro sábado a partir das 20:30 horas, a presentación do libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, de Roberto Mera e publicado pola editorial Belagua.

Maica Larriba recalca o compromiso do Goberno cos proxectos viarios de Ponteareas

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, recordou hoxe o compromiso firme do Goberno cos proxectos viarios de impulso estatal no Concello de Ponteareas. Nesta liña subliñou que tanto a mellora da seguridade viaria na N-120 como o proxecto da variante entre esta estrada e a A-52 “seguen dando pasos na súa tramitación administrativa e viviron máis avances nos últimos tres anos que en etapas completas de gobernos anteriores”.

Ponteareas amplía o estacionamento limitado gratuíto á Avenida de Galicia, Rosalía de Castro e un tramo da rúa Carballos

O Concello de Ponteareas, dentro das medidas adoptada para o mellor reparto do espazo público para estacionar en Ponteareas, ofrecendo alternativas para as persoas que precisan desprazarse até o centro da vila en coche, ampliará a coñecida como Zona Azul gratuíta –atendendo á demanda do sector comercial e consumidores– á Avenida de Galicia, Avenida Rosalía de Castro e primeiro tramo da rúa Carballos.