7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas inaugura o próximo sábado o seu Museo do Corpus a ceo...

    Ponteareas inaugura o próximo sábado o seu Museo do Corpus a ceo aberto

    Visitantes e veciñanza poderán desfrutar a decoración floral nos seus teléfonos móbiles a través de códigos QR repartidos nas rúas do concello

    O Concello de Ponteareas inaugura o próximo sábado o Museo do Corpus a ceo aberto, o primeiro de Galicia, e que grazas á tecnoloxía converterá as rúas da vila do Tea no escenario perfecto para desfrutar da arte floral durante todos os días do ano. O acto de partida terá lugar ás 17.15 horas no Salón de Plenos do Concello e rematará cunha visita guiada polo Museo a ceo aberto nas rúas de Ponteareas. As persoas interesadas en asistir ao acto deben chamar ao 637 72 43 01 ou escribir un correo a turismo@ponteareas.gal.

    A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, anima á veciñanza e turistas a desfrutar “do noso patrimonio cultural” escaneando con calquera dispositivo móbil os códigos QR repartidos ao longo do percorrido do Corpus. Desta maneira, destaca a rexedora, a persoa pode vivir e coñecer de primeira man “a nosa cultura e o legado dos nosos antepasados”.

    A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, explica que dende o Concello optaron por esta iniciativa porque “o Corpus vívese nas rúas e non podiamos crear un museo que metera este arte floral entre catro paredes”. Neste museo poderá desfrutar dos deseños de alfombras, de vídeos, entrevistas, imaxes en 360º da rúa… Un contido atractivo, orixinal e dinámico que dará protagonismo á veciñanza, acollerá contidos de gran valor social, perpetuará esta arte efémera no tempo e, á súa vez, potenciará a revitalización do comercio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.