Mércores, 7 Maio de 2025

Mondariz

A Xunta rehabilitará da Fonte de Troncoso en novembro

A Xunta de Galicia investirá 500.000 € na recuperación e rehabilitación da Fonte de Troncoso cun proxecto que se iniciará o vindeiro mes de novembro coa licitación dos primeiros traballos.

Mondariz ultima a legalización do colector xeral de augas residuais

O Concello de Mondariz continúa traballando para solucionar os problemas de conexión da rede municipal de saneamento coa Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) construída en Mondariz-Balneario. Ao tempo que insiste no cumprimento do convenio de colaboración que asinaron os dous concellos en 2005 para o sostemento conxunto da gardería infantil, o punto limpo e a depuración de augas residuais, está en proceso de legalización do colector xeral de augas residuais construído en 2015 na marxe esquerda do río Tea.

Inscricións en marcha para a VI Carreira Popular de Mondariz

Este ano, o Concello de Mondariz volve contar coa Asociación Deportiva Mondariz para organizar a sexta edición da Carreira Popular de Mondariz, un evento que non se celebraba desde 2019 por mor da pandemia da Covid-19.

“Auga e Vida” nomeada a mellor obra artística do GDR Condado Paradanta

A fotografía “Auga e Vida” de Diego Alonso foi nomeada polo público como a “mellor obra artística do GDR Condado Paradanta”, na terceira edición do certame artístico que organiza a entidade supramunicipal.

O circuíto de pumptrack de Mondariz, sede dunha proba de ciclismo

O circuíto asfaltado de pumptrack construído polo Concello de Mondariz no Campo da Minada acollerá o vindeiro 10 de setembro a súa primeira competición de ciclismo. Trátase dunha proba para bicicletas propulsadas pola acción humana na que poden participar mozos e mozas de tres anos en adiante.

A Deputación ofrece un novo curso en Mondariz

O programa impulsado pola Deputación e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, TIC Emprendes volve evidenciar a aposta polo mantemento da poboación no rural a través do autoemprego de mozas e mozos aproveitando as oportunidades que brindan as tecnoloxías.

Mondariz dá un paso máis na recuperación da cestería local cunha acción formativa

Desde o inicio do seu mandato, o Goberno municipal de Mondariz trata de aproveitar todas as oportunidades para desenvolver proxectos que permitan recuperar o oficio de cesteiro na localidade, hoxe en día en perigo de extinción.

Mondariz recupera a normalidade das Festas da Peña de Francia e San Roque

As tradicionais Festas da Peña de Francia e San Roque de Mondariz recuperan a normalidade, despois de dous anos de incerteza por mor da pandemia, nos que o Concello de Mondariz asumira a programación sociocultural destas datas.

Finalmente Mondariz celebrará a feira tradicional o vindeiro 14 de agosto

Xoán C. Montes Bugarín "Calis", portavoz de AporM, vén de censurar ao goberno local por intentar suspender a feira dominical do vindeiro día 14. O alcalde avisou o pasado xoves pola tarde, a través de WhatsApp, aos vendedores ambulantes que decidira anular a feira dese día por coincidir co primeiro día das festas patronais.

Le pianO du Lac volve escoller Mondariz para representar en Galicia o seu orixinal espectáculo

Le pianO du Lac é un orixinal espectáculo musical que ten xirado por toda Europa desde 2014. Despois da boa experiencia do ano pasado, repite no escenario natural da praia fluvial do Val, no Concello de Mondariz, para ofrecer en Galicia dous concertos flotantes da xira "Idóneas" os días 3 e 4 de agosto.

A Festa dos Barrios e da Amizade de Vilar, nova festa gastronómica en Mondariz

A programación de actividades socioculturais deste verán en Mondariz revela un maior protagonismo das asociación e dos colectivos veciñais.

A exposición “Galiza: un pobo, unha selección” chega a Mondariz

Este verán, a Praza de Abastos de Mondariz acolle a exposición itinerante "Galiza: un pobo, unha selección", que presenta a historia do deporte galego a través dunha serie de paneis informativos.