Venres, 2 Maio de 2025

Mondariz

O V Trail Orixes Mondariz remata o prazo de inscrición con número récord de participantes

O Trail Orixes Mondariz, organizado pola Asociación Deportiva Mondariz e o Concello de Mondariz, rexistrou na súa quinta edición un número récord de 748 inscricións nas diversas categorías.

Mondariz prevé mellorar e ampliar as instalacións deportivas da Lagoa

O Goberno municipal de Mondariz está aproveitando o último treito do mandato para presentar solicitudes que aseguren financiamento público a diferentes proxectos de renovación de infraestruturas e dotacións municipais. Recentemente solicitou unha liña de subvención do programa PON2030 da Deputación de Pontevedra para desenvolver un proxecto de mellora e ampliación das instalacións deportivas da Lagoa.

O Trail Orixes Mondariz aspira a superar as 600 persoas inscritas na súa quinta edición

O Goberno municipal, xunto a representantes da Asociación Deportiva Mondariz, presentou este venres 21 de abril o V Trail Orixes Mondariz, unha carreira de montaña que se consolida ano a ano e atrae a decenas de participantes de Galicia e fóra de Galicia.

AporM aposta por crear un consorcio con Mondariz Balneario para compartir servizos públicos

Xoán C. Montes Bugarín -Calis-, candidato de AporM, avoga por crear un consorcio co concello de Mondariz Balneario para compartir algúns ámbitos de xestión pública.

“A memoria histórica en viñetas” e sobre as táboas en Mondariz

Neste mes do libro que é abril, o Concello de Mondariz non se esqueceu doutras datas sinaladas do calendario e programou dúas actividades socioculturais sobre memoria histórica para os días 14 e 15 de abril.

Mondariz ampliará a rede de saneamento de Vilasobroso

O Goberno municipal de Mondariz aproveitou un remanente orzamentario do exercicio pasado correspondente ás obras da senda fluvial de Laredo, iniciadas este ano 2023, para promover a ampliación da rede municipal de saneamento na entidade local menor de Vilasobroso.

Cinema e teatro para celebrar o mes do libro en Mondariz

O Concello de Mondariz comezou o mes de abril recuperando a memoria de José Gil, un pioneiro do cinema galego que se iniciou profesionalmente na localidade a principios do século XX.

Chega o Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024 da Xunta a O Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destina unha achega de 524.624 euros a prol dos nove concellos das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024.

Mondariz traballa na solicitude de fondos europeos para a dixitalización do ciclo da auga

O Concello de Mondariz, malia non chegar aos 5.000 habitantes e ter xa grandes proxectos de investimento en marcha, como o cambio a LED de toda a rede municipal de alumeado público, continúa presentando novas solicitudes para atraer fondos europeos á localidade e modernizar as infraestruturas relacionadas cos servizos máis básicos.

A Xunta convocará prazas de médicos e pediatras en Covelo, Ponteareas, Mondariz, Arbo, Tomiño e Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, realizaron hoxe unha visita ao centro de saúde de Covelo, na que estiveron acompañados polo alcalde, Pablo Castillo, para informar de que o Goberno galego vai incluir 8 prazas de médicos e pediatras, que darán servizo aos concellos de Covelo, Ponteareas, Arbo, Mondariz, Tui e Tomiño, na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas.

Mondariz acollerá o 26 de agosto o Campionato de Galicia de BTT Pumptrack

O circuíto asfaltado de pumptrack de Mondariz, construído en 2021 nas instalacións municipais do Campo da Minada, será a sede do Campionato de Galicia de BTT Pumptrack, que xa está incluído no calendario de competicións da Federación Galega de Ciclismo.

Xornada de presentación do plan municipal de abastecemento autónomo en Mondariz

O Concello de Mondariz foi en 2021 un dos seis concellos galegos seleccionados para participar no proxecto de plans municipais de abastecemento autónomo, promovido pola Concellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.